Descubrindo o Universo: introdución á astronomía

Que: Nesta sesión de divulgación achegarémonos á astronomía dun xeito claro e accesible, pensada para persoas sen coñecementos previos que queiran comezar a descubrir o ceo. A actividade estará impartida por Martin Pawley.

  • Falaremos sobre que son as estrelas, como se forman e como evolucionan, así como sobre o noso sistema solar e os corpos que o compoñen.
  • Tamén veremos como orientarnos no ceo e recoñecer algunhas das constelacións e obxectos máis destacados do firmamento.
  • Durante a actividade utilizaremos un planisferio celeste (entregarase un a cada asistente), unha ferramenta sinxela que permite aprender a identificar as constelacións e comprender mellor o movemento do ceo ao longo do ano.
  • Ademáis, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que ocorrerá en Galicia o 12 de agosto deste ano.
  • Como continuación desta actividade, programarase máis adiante unha observación astronómica, na que as persoas asistentes a este obradoiro terán preferencia para participar.

Organizado pola Asociación Cultural Adro de Vilaño.

Cando: sábado 20 de xuño de 2026 de 11:00h a 13:30h

Onde: Centro Sociocultural de Vilaño, A Laracha