
Que: “O firmamento animado” é un contacontos de astronomía pensado para público familiar, no que descubriremos o ceo nocturno con historias sobre algunhas constelacións que representan animais. O contacontos ten como base o libro infantil co mesmo nome no que, a través dunha serie de contos, acercamonos a dez constelacións visibles desde Galicia que representan animais, a modo de guía astronómica que servirá de introducción a aspectos básicos de astronomía relacionados coas constelacións.
Actividade organizada por Asociación Cultural Adro de Vilaño
Cando: domingo 26 de abril de 2026 ás 11:30h
Onde: Centro Sociocultural de Vilaño (A Laracha)