O 23 de febreiro é o Día de Rosalía, un día con estrela. Podes descargar o póster en PDF que deseñou Marta Cortacans para a Agrupación Ío para imprimilo e difundir así esta efeméride que une as letras e as ciencias:
Póster 23-F Día de Rosalía (137 KB)
Se formas parte dun centro educativo ou cultural, biblioteca, museo ou similar, e precisas unha copia en papel do póster (tamaño A3), escríbenos ao correo info [at] agrupacionio.com. Tamén podes escribirnos se queres expoñer o noso panel “Estrela Rosalía”.
Podes ler aquí as actividades que organiza a Fundación Rosalía de Castro en 2026 para celebrar o 23 de febreiro.