Obradoiro de planisferios e observación do ceo a simple vista cun grupo de persoas do Centro Ocupacional Pascual Veiga. Organiza GT Diversidade.
ArchivesDiversidade
Conferencia de Andrea Rodríguez Antón: “Astronomía no Sáhara”
Conferencia de Andrea Rodríguez Antón, doutora en astrofísica e investigadora do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) de Santiago de Compostela. Organizada pola Agrupación Ío e a A. C. Alexandre Bóveda.
AMANAR – Actividade astronómica
Actividade de divulgación da astronomía coa rapazada saharauí que pasa o verán en Galicia no marco do programa Vacaciones en Paz. Desta volta citamos as familias de acollida na antiga biblioteca da Casa das Ciencias da Coruña, para presentarlles o panel sobre o Sáhara Occidental e a astronomía saharauí, amosarlles o material de divulgación astronómica para tocar que posúe a agrupación, regalarlles algúns dos nosos materiais divulgativos e convidalos a que fixesen debuxos para fabricar as súas propias chapas. Despois, levámolos ao planetario para gozar dunha sesión en directo no que puideron viaxar virtualmente polo sistema solar e explorar o ceo que se ve dende o Sáhara.
Encontro cultural saharauí-galego
Co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, organizamos un encontro cultural saharauí-galego baixo o título “Sáhara Occidental: non des a esquecemento” en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Comunidade Saharauí en Galiza. Arredor do té, como é costume no Sáhara, iranse sucedendo as intervencións da astrofísica Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT e Proxecto Amanar), que falará da astronomía cultural saharauí, e de Suado Brahim Salem e Baba Mohamed Lamin Ali (Comunidade Saharauí en Galiza), que nos achegarán a cultura e o modo de vida do pobo saharauí.
Obradoiro “Viaxe pola noite iluminada”
Obradoiro arredor do xogo de mesa “Viaxe pola noite iluminada” no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non aberta ao público.