Imparte: Carmen Denébola Álvarez Seoane (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío).
ArchivesCursos, conferencias y charlas
Charla “A noite é necesaria. Contaminación luminosa e medio ambiente”
Charlas sobre os dramáticos efectos da contaminación luminosa no medio ambiente a cargo do noso compañeiro Martin Pawley, dentro do ciclo “Encontros naturalistas” organizado polo Grupo Naturalista Hábitat. Retransmisión en liña a través dos canais de Facebook e Youtube do G. N. Hábitat.
Charla “Grandes ideas da astronomía”
Presentación do caderno “Grandes ideas da astronomía”, tradución ao galego do documento elaborado pola Unión Astronómica Internacional “Big Ideas in Astronomy”, a cargo do noso compañeiro Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío). Entrada gratuita sen reserva previa. Capacidade limitada a 15 persoas para garantir a distancia de seguridade. Haberá retransmisión en liña a través de Google Meet. Máis información, no sitio web e redes sociais da A. C. Alexandre Bóveda.
Charla “Estrela Rosalía”
Charla sobre a campaña que puxo oficialmente o nome de Rosalía de Castro a unha estrela da constelación de Ofiuco, o Serpentario. Exclusivamente en liña para os alumnos do CEIP de Laredo (Redondela).
XXIV Congreso Estatal de Astronomía
ADIADO. Proximamente información de nova data
Máis información en:
- Web: www.xxivcea.es
- Facebook, Twitter e Instagram: @xxivcea
- E-mail: info@xxivcea.es