View Calendar
03/01/2023 18:00 - 19:00

Obradoiro de planisferios

Biblioteca do Fórum Metropolitano
Address: Rúa Río de Monelos 1, 15006 A Coruña

Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Para persoas entre 9 e 14 anos. Necesaria inscrición previa a través deste formulario.

Related upcoming events

  • 04/07/2026 11:00 - 04/07/2026 14:00

    Obradoiro de elaboración de caixas estenopeicas para observar eclipses de forma segura, o sábado 4 de xullo. Haberá unha sesión para público de 3 a 7 anos ás 11:00 h e outra para maiores de 8 anos ás 12:30 h. Inscricións web desde o 27 de xuño ás 10:00 h.