View Calendar
21/07/2026 10:00 - 14:00

Obradoiro de caixas estenopeicas en Vilalba

Auditorio Municipal Carmen Estévez (Vilalba)
Address: Rúa das Pedreiras, 5, 27800 Vilalba

Que? Obradoiro de caixas estenopeicas para aprender a observar o Sol de forma segura durante a eclipse do 12 de agosto. As persoas participantes construirán a súa propia caixa e coñecerán como se producen as eclipses solares.

Onde? No Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba.

Cando? Martes, 21 de xullo de 2026. Haberá dúas quendas: de 10:00 a 12:00 h e de 12:00 a 14:00 h.

Como? Actividade con inscrición previa no Punto de Información da Casa do Concello ou no teléfono 982 51 03 05. As prazas son limitadas e os menores de 8 anos deberán acudir cunha persoa adulta. Se o tempo o permite, realizarase unha observación solar no exterior.

Related upcoming events

  • 22/07/2026 17:00 - 22/07/2026 19:00

    Que? Obradoiro familiar «Preparámonos para a eclipse», unha actividade para aprender máis sobre as eclipses e construír unha caixa estenopeica coa que observar o Sol de forma segura.

    Onde? No Centro Xove da Almáciga, en Santiago de Compostela.

    Cando? Mércores, 22 de xullo de 2026, ás 17:00 h.

    Como? Actividade dirixida a crianzas maiores de 7 anos acompañadas dunha persoa adulta. Hai 25 prazas e é necesaria a inscrición previa. Máis información en neg@neg.gal