V Encontro da Noite [1ª parte]

V Encontro da Noite [1ª parte]

Que: Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite. Esta primeira parte da xornada desenvolverase no local da A. C. Alexandre Bóveda en horario de mañá (a segunda parte celebrarase o sábado 30 de novembro pola tarde na Domus). Co apoio do Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses e a colaboración da A. C. Alexandre Bóveda.

Cando: o sábado 5 de outubro entre as 11:30 e as 13:45.

Onde: no local da A. C. Alexandre Bóveda, no edificio do Circo de Artesáns (rúa de Santo André, 36, primeiro andar).

Como: inscrición gratuíta a través deste formulario. As persoas inscritas recibirán de agasallo unha copia do xogo de mesa “Viaxe pola noite iluminada”, producido co apoio de Deleite.

Programa

11:30 Presentación do xogo de mesa “Viaxe pola noite iluminada” coa participación (vía vídeo) de Annette Krop-Benesch, bióloga alemá experta en contaminación luminosa, que creou o xogo cos seus fillos Benjamin e Viviane, e de Martin Pawley, coordinador do grupo de traballo sobre contaminación luminosa da Agrupación Ío e tradutor ao galego do xogo.

12:00 Conferencia de Salvador Bará, investigador e profesor xubilado na área de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela.

12:45 Conferencia de Susana Malón, CEO de Lumínica Ambiental, empresa especializada en auditoría enerxética, iluminación exterior e contaminación luminosa.