
Viaxe pola noite iluminada
Que: actividade organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC. Da man de Martin Pawley, da Agrupación Ío e a través do xogo de mesa “Viaxe pola noite iluminada” coñeceremos como a contaminación luminosa afecta a flora e a fauna en todo o planeta. Aprenderemos xogando o impacto da luz artificial pola noite sobre as árbores, os insectos, as aves e mesmo sobre os animais mariños. As persoas que se inscriban levarán, ademais, o taboleiro de xogo de agasallo, cuxas copias impresas contaron co apoio de Deleite. Máis información, no sitio web do Museo.
Cando: venres 27 de decembro ás 17:30.
Onde: no Museo de Historia Natural da USC, en Santiago de Compostela.
Como: actividade gratuíta con inscrición previa a través do correo electrónico amhnusc@gmail.com.