Obradoiro de iniciación á astronomía

Obradoiro de iniciación á astronomía

Que: neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Se a meteoroloxía acompaña, saíremos ao parque para poñermos en práctica os coñecementos adquiridos. 

Cando: sábado 25 de xaneiro ás 17:30.

Onde: no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago (Santiago de Compostela).

Como: de balde, previa inscrición. Prazas esgotadas. Listaxe de agarda aberta. Máis información, no sitio web do MHN da USC.