Instrumentos de observación da natureza: prismáticos

Instrumentos de observación da natureza: prismáticos

Que: charla do noso compañeiro José Ramón Méndez sobre unha das ferramentas esenciais para toda persoa interesada pola natureza: os prismáticos. Que modelos existen? Que características e particularidades teñen? Como elixir os máis axeitados? Estas e moitas outras dúbidas terán resposta ao longo desta sesión. A actividade forma parte da iniciativa “Falando de natureza” que organiza o Grupo Naturalista Hábitat. Máis información, aquí.

Como: a actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse a través deste formulario en liña.

Onde: no local social do Grupo Naturalista Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña) ou en liña a través do canal de Youtube de Hábitat.

Cando: mércores 18 de xaneiro ás 20:30.