Conferencia de Isabel Suárez Fernández

Conferencia de Isabel Suárez Fernández

Que: a coruñesa Isabel Suárez Fernández falará do tema central da súa tese, os fenómenos críticos en colapso gravitacional, na conferencia «Fenómenos críticos en colapso gravitacional, ondas gravitacionais e folerpas de neve. Que teñen que ver?». Estes fenómenos fascinantes acontecen en espazo-tempos extremos e se conectan con cousas tan cotiás como poñer unha pota de auga ao lume ou coas folerpas de neve. Na charla explicará conceptos básicos como que son un buraco negro, as ondas gravitacionais, as transicións de fase, os espazos-tempos extremos e todo o necesario para chegar a entender e comprender este tipo de fenomenoloxía tan peculiar e interesante.

Quen: Isabel Suárez Fernández estudou o Grao en Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou o mestrado en Física. Traballou para o IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) en física de partículas e despois doutorouse en Física teórica en Lisboa, no Instituto Superior Técnico. A súa especialidade é a relatividade numérica, a cal aplica no seu posto actual de investigadora posdoutoral na Universidade das Illas Baleares no grupo de ondas gravitacionais, xunto co doutor Sascha Husa e a doutora Alicia Sintes.

Onde: planetario da Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarida s/n, A Coruña)

Cando: mércores 4 de xaneiro ás 19:30.