Charla sobre eclipses totais de Sol
Que: charla de Óscar Blanco e África Fernández, membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, na que nos contarán as súas experiencias observando eclipses totais de Sol (8 e 9, respectivamente) en diferentes países, entre eles Turquía, Estados Unidos, Chile ou Australia. Na charla explicarase tanto a dinámica dos eclipses totais de Sol como as experiencias e anécdotas que aconteceron durante esas viaxes.
Como: entrada gratuíta con invitación. Os convites repartiranse na Casa das Ciencias o propio xoves 15 a partir das 19:30.
Cando: xoves 15 de xuño ás 20:00.
Onde: no planetario da Casa das Ciencias (A Coruña).