Observación

O CEO HOXE

A Terra en directo dende a ISS

A Estación Espacial Internacional (ISS, polas siglas en inglés) leva permanente habitada no espazo desde novembro de 2000. Podemos vela facilmente atravesando o ceo cando reflicte a luz solar cara a nós; aplicacións como Heavens Above permítennos obter a hora e posición exacta de paso desde calquera lugar do mundo.

Tamén podemos ver a Terra desde a ISS grazas a esta cámara web. Se na imaxe non ves nada, pode ser que a estación estea sobrevoando unha parte do planeta na que agora mesmo é de noite. A ISS tarda noventa minutos en dar unha volta á Terra, así que a paisaxe está cambiando constantemente. No mesmo sitio web que dixemos antes, Heavens Above, podes ver tamén a posición actual da ISS.

O ceo agora mesmo sobre A Coruña

Podedes ver aquí unha representación do ceo estrelado sobre A Coruña en tempo real elaborada coa ferramenta en liña VirtualSky. A localización exacta é a Casa das Ciencias, mais non hai diferenza significativa para calquera outro lugar da contorna.

Proxección estereográfica sobre o horizonte sur en tempo real:


Proxección estereográfica sobre o horizonte oeste en tempo real:


Proxección estereográfica sobre o horizonte norte en tempo real:


Proxección estereográfica sobre o horizonte leste en tempo real:

 

Proxección polar en tempo real:

 

Recorda que na nosa latitude o Carro da Osa Maior está sempre no ceo toda a noite e todas as noites. É un asterismo sinxelo de ver mesmo en lugares afectados pola contaminación luminosa e pode servirnos de axuda para recoñecer outras constelacións.

Por exemplo, o Carro permítenos localizar a estrela Polar, que sinala (aproximadamente) o Polo Norte celeste e polo tanto facilítanos identificar os puntos cardinais. Basta prolongar cinco veces a liña imaxinaria que une as dúas estrelas traseiras da caixa do Carro, Merak e Dubhe, tal e como se indica nesta figura.

RECURSOS DE ASTRONOMÍA

Software para explorar o ceo

Stellarium_icon STELLARIUM
Para Linux, Windows, e Mac, gratuíto e de código aberto. É como ter un planetario no computador. Permite simular o ceo tras escoller unha localización e tempo concretos. Ten moitos obxectos por defecto e pódese ampliar con máis catálogos.

 

icon

 CARTES DU CIEL
Para Linux, Windows e Mac, gratuíto e de código aberto. Ideal para construír cartas celestes a medida para empregalas nunha observación, escollendo cores, representacións, etiquetas… Gran número de datos de catálogos de estrelas ou nebulosas, planetas, asteroides e cometas.

 

celestia-icone-6620-128CELESTIA
Para Linux, Windows e Mac, gratuíto, de licencia GNU. Con el podes simular unha viaxe polo sistema solar ou explorar a nosa galaxia. O seu catálogo de obxectos tamén se pode ampliar.

Documentación e Titoriais

Manual sobre manejo de telescopios – Elaborada pola Agrupación Ío (en castelán). Unha guía moi completa para escoller o teu primeiro telescopio, manexalo e coidalo, ou para que os que xa son veteranos refresquen e redescubran conceptos.

Introducción a la Astrofotografía – Unidade didáctica elaborada polo Instituto Astrofísico de Canarias (Juan Carlos Casado e Miquel Serra-Ricart).

100 conceptos básicos de Astronomía – Elaborado pola Sociedad Española de Astronomía con motivo do ano Internacional da Astronomía 2009.