MARY ADELA BLAGG naceu en 1858 en Cheadle, Staffordshire (Gran Bretaña). Nun principio foi autodidacta, collía os libros do seu irmán para estudar matemáticas, máis o seu pai vendo esto decidiu enviala a estudar álxebra e alemán a Kensington. Ao finalizar os estudos traballou coma mestra nunha escola dominical, e non foi ata pasados varios anos cando se interesou pola astronomía despois de asistir a un curso impartido por J. A. Hardcastle, neto de John Herschel.
En 1905 a petición da Asociación Internacional de Academias (predecesora da Unión Astronómica Internacional) e animada polo seu tutor, Mary Blagg elaborou unha lista cotexada de todos os elementos lunares xunto a S. A. Saunder. Despois dun longo traballo “Collated List of Lunar Formations” foi publicado en 1913.
Blagg, naqueles anos, tamén investigaba sobre estrelas variables co profesor H. H. Turner, director do Observatorio da Universidade de Oxford. Os resultados desas pescudas foron publicadas en dez artigos nos “Avisos Mensuais da Royal Astronomical Society” nos que o profesor Turner recoñeceu que a maior parte da investigación fixéraa Mary.
Todo ese traballo foille recoñecido en 1916 coa súa admisión na Royal Astronomical Society. Foi unha das primeiras mulleres en converterse en membro desta institución, e conseguiuno grazas a que a nominou o profesor Turner.
Mary tamén participou no análisis de Fourier da Lei de Bode, según sinala Michael Martin Nieto en “The Titius-Bode Law of Planetary Distances”.
En 1920, Blagg uniuse á Comisión Lunar da Unión Astronómica Internacional (UAI) e xunto a Karl Müller asumiu o inmenso traballo de aunar as nomes dos mapas lunares máis relevantes coñecidos ata aquel momento. O reto era inmenso xa que dende que o home mirou cara a lúa, cada quén nomeaba os cráteres ou accidentes lunares como quería, non había unha normativa que marcara as pautas.
Blagg e Müller desenvolveron un sistema de nomenclatura lunar normalizada que recolleron nos dous volúmenes de “Named Lunar Formations” en 1935. Esa nomenclatura foi aceptada pola Unión Astronómica Internacional como o estándar para a selenoloxía ata o día de hoxe.
Pódese dicir que Mary A. Blagg adicou a maior parte da súa vida á selenoloxía – rama da astronomía que ten por obxecto o estudo da Lúa (definición da Real Academia Galega) – máis Mary tiña outras moitas facetas como a de voluntaria, por exemplo: atendeu a nenos refuxiados durante a I Guerra Mundial. Mary era unha persoa tímida e unha apaixoada do xadrez.
Faleceu en 1944 e en recoñecemento á súa labor a Unión Astronómica Internacional doulle o seu nome a un cráter. O cráter Blagg é un pequeno cráter de impacto situado no Sinus Medii. Diámetro 5.4 km, profundidad 0.9 km, colongitud 359° al amanecer, Coordenadas: 1°13′N 1°28′E.
Gustounos, non a coñeciamos. Grazas