Boletín IAU de divulgación da astronomía
Abril #1
Neste boletín:
0) Nota editorial
1) Abertas as solicitudes para Telescopios para todas as persoas 2021
2) Lanzamento do número 29 da revista CAP
3) Publicación das actas da conferencia AstroEDU 2019
4) Abertas as solicitudes de subvencións da EGU para accións en favor do interese do público
5) Telescopios para fomentar a investigación astronómica
6) Prácticas de comunicación científica na ESO
7) UNOOSA e SGAC convocan un concurso de ensaios sobre o espazo para xente nova
8) Concurso internacional de estudantes Dark Skies Rangers
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía
0) Nota editorial
Prezados amigos, amigas e colegas,
Encántanos contarvos que xa se poden enviar propostas para o proxecto Telescopios para todas as persoas 2021. Organizado cos nosos socios de Sterren Schitteren Voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas – SSVI) e da Universidade de Leiden, na Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU xa nos tarda enviar os 12 telescopios para que máis comunidades de todo o mundo poidan acceder facilmente á ciencia da astronomía. Se ti ou o teu grupo estades a usar a astronomía para xerar interese pola ciencia nunha comunidade desfavorecida en calquera parte do mundo, consulta a información que está máis abaixo para saber como participar.
Ademais de Telescopios para todas as persoas, moitos outros grupos de divulgación da astronomía abriron concursos e subvencións. Hainas para moitos grupos diferentes, incluíndo nenos e nenas, persoas adultas, organizacións sen ánimo de lucro e organizacións de investigación. Consulta se algunha destas oportunidades pode axudarche a ti ou a un grupo que coñeces.
Este boletín tamén dá conta de dúas publicacións recentemente lanzadas pola Unión Astronómica Internacional: o número 29 da revista Comunicar Astronomía co Público e as actas da conferencia AstroEDU 2019. As dúas achegan artigos interesantes e útiles para profesionais da divulgación da astronomía escritos por colegas de todo o mundo.
Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,
Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina IAU de Divulgación de Astronomía
1) Abertas as solicitudes para Telescopios para todas as persoas 2021
O proxecto Telescopios para todas as persoas está aberto a recibir solicitudes para a convocatoria 2021. O proxecto envía telescopios a comunidades desfavorecidas para ampliar os horizontes da infancia, as súas familias e as persoas que traballan na súa educación. Telescopios para todas as persoas é un programa en parcería entre a Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía (IAU OAO), Sterren Schitteren Voor Iedereen (As estrelas brillan para todas as persoas – SSVI) e a Universidade de Leiden.
Máis información: https://www.iau.org/public/telescopecollaboration/
2) Lanzamento do número 29 da revista CAP
Publicouse o número 29 da revista Comunicar Astronomía co Público (CAPjournal). Este número inclúe artigos de autoras e autores de todo o mundo sobre diversos temas, entre eles os recursos accesíbeis, a creación de comunidade e a motivación da ciencia cidadá.
Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21021/
3) Publicación das actas da conferencia AstroEDU 2019
Publicáronse as actas da primeira conferencia AstroEdu. A conferencia reuniu a profesionais da astronomía, investigadoras e investigadores en educación astronómica e a comunidade educativa para poñelos en contacto e discutiren e abordaren cuestións comúns.
Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21022/
4) Abertas as solicitudes de subvencións da EGU para accións en favor do interese do público
A Unión Europea de Xeociencias (EGU) abriu a convocatoria de solicitudes para a sexta edición do seu programa anual de subvencións para accións en favor do interese do público. O programa ten como obxectivo celebrar e recoñecer a comunicación científica de excelencia nas ciencias da Terra, ciencia planetaria e ciencia do espazo. Os e as solicitantes deben ser membros da EGU. As candidaturas gañadoras recibirán 1500 € para o desenvolvemento da idea e a súa posta en práctica.
Para saber máis: https://www.egu.eu/outreach/peg/
5) Telescopios para fomentar a investigación astronómica
A Oficina das Nacións Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e o Instituto Keldysh de Matemática Aplicada (KIAM) poñen dous telescopios a disposición de organizacións de investigación, universidades e organizacións rexionais ou internacionais de países en desenvolvemento. As propostas deberán presentarse antes do 1 de maio de 2021.
Máis información: https://www.unoosa.org/oosa/en/ourwork/psa/bssi/isonscope.html
6) Prácticas de comunicación científica na ESO
O Observatorio Europeo Austral (ESO) ofrece contratos para o seu próximo ciclo de prácticas en comunicación científica. As prácticas comezan o 1 de setembro de 2021 e o 1 de novembro de 2021. O contrato inclúe aloxamento, unha paga mensual e transporte desde un lugar de orixe. As solicitudes deberían enviarse a mediados de abril xa que as avaliacións comezarán pouco despois.
Máis información: https://recruitment.eso.org/
7) UNOOSA e SGAC convocan un concurso de ensaios sobre o espazo para xente nova
A Oficina das Nacións Unidas para os Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e o Space Generation Advisory Council (SGAC) convocaron un concurso internacional de ensaios para xente nova. As persoas de 18 a 35 anos poden enviar un ensaio co tema “O espazo como ferramenta para favorecer a adaptación e mitigación do clima”. Os ensaios deberán presentarse antes do 26 de abril de 2021.
Para saber máis: https://unoosa.org/oosa/ourwork/space4youth/competition/2021/
8) Concurso internacional de estudantes Dark Skies Rangers
Nenas e nenos e adolescentes de todo o mundo están convidados a participar nos concursos Dark Skies Rangers de 2021 e coñecer as consecuencias da contaminación luminosa. Os certames están organizados pola entidade astronómica portuguesa sen ánimo de lucro NUCLIO.
Máis información sobre as bases e requisitos do concurso:
Concurso de debuxo (de 5 a 10 anos): http://dsr.nuclio.pt/dsr-drawing-contest/
Concurso de informes (de 5 a 18 anos): http://dsr.nuclio.pt/dsr-report-contest/
Grazas ao equipo de NUCLIO por compartir con nós esta noticia.
9) Actividades destacadas e repositorio de recursos en liña
a) 6º Obradoiro da Sociedade Astronómica de África Oriental
Onde: virtual e en Dodoma, Tanzania
Cando: do 15 ao 22 de maio de 2021
Sitio web: https://www.emiratesmarsmission.ae/
b) Conferencia virtual Comunicar a astronomía co público (CAP)
Onde: virtual
Cando: do 24 ao 27 de maio de 2021
Sitio web: https://www.communicatingastronomy.org/cap2021/
c) Comunicación pública de ciencia e tecnoloxía (PCST) 2020 + 1
Onde: virtual
Cando: do 24 ao 27 de maio de 2021
Sitio web: https://www.abdn.ac.uk/events/conferences/pcst/
d) Reunión anual da Sociedade Astronómica Europea
Onde: virtual
Cando: do 28 de xuño ao 2 de xullo de 2021
Sitio web: https://eas.unige.ch/EAS_meeting/
e) 238º Encontro da Sociedade Astronómica Americana
Onde: virtual
Cando: do 7 ao 9 de xullo de 2021
Sitio web: https://aas.org/meetings/aas238
f) Comunicar o Futuro: Envolver o Público na Ciencia Básica
Lugar: virtual
Cando: 27 e 28 de xullo de 2021
Sitio web: https://scipep.org/conference/
Podedes atopar recursos gratuítos para a divulgación da astronomía en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:
Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.
Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.
Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.
Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.
Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.
Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.
Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).
Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía
Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.