Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Xullo #1
Neste boletín:
0) Nota editorial
1) O rexistro para a XXXI Asemblea Xeral da IAU abre en xaneiro
2) Os e as NOC organizan charlas semanais de astronomía
3) Colaboración NOC Nepal co Planetario de Pequín
4) Subvención ERASMUS+ para European ROAD
5) O espazo no teu salón!
6) Astrónomos e astrónomas en favor do Planeta Terra
7) Conferencia Global Hands-On Universe 2020
8) Solicitude aos astrónomos e astrónomas amadores de observacións de Venus
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU
0) Nota editorial
Prezados amigos, amigas e colegas,
O verán está sendo moi activo pois moitos dos nosos programas están plenamente en marcha. Xa tivemos algunhas reunións do programa Coñece os astrónomos e astrónomas da IAU e están marcadas outras máis. Ademais, os premios para actividades en liña Astronomy @Home entran na súa recta final. Estes premios foron creados pola Oficina IAU de Divulgación Astronómica para recoñecer o traballo feito pola xente que divulga astronomía en resposta ás restricións provocadas pola pandemia da COVID-19, e a primeira parte do proceso remata a final de xullo.
Mais a nosa oficina non é o único grupo de divulgación astronómica que estivo atarefado. Neste número destacamos a iniciativa O espazo no teu salón, damos os parabéns á xente do European ROAD por recibir un importante apoio e falamos dunha oportunidade para os astrónomos e as astrónomas amadoras apoiaren a ESA e JAXA coas súas observacións.
Desexámosvos os ceos máis despexados e a mellor saúde,
Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU
1) O rexistro para a XXXI Asemblea Xeral da IAU abre en xaneiro
O rexistro en liña, o envío de propostas e a solicitude de apoios para a XXXI Asemblea Xeral da IAU en Pusan, Corea do Sur, abrirase o 1 de xaneiro de 2021. A Asemblea Xeral da IAU é unha oportunidade única para a reunión dos astrónomos e astrónomas de todo o mundo que traballan en todos os campos desta ciencia.
Podes ler máis información no sitio web IAUGA 2021: http://www.iauga2021.org/
2) Os e as NOC organizan charlas semanais de astronomía
As persoas encargadas da Coordinación de Divulgación Nacional (NOC) cultivan o interese público pola astronomía de moitas maneiras. Por exemplo, algunhas delas desde as súas organizacións acollen charlas semanais en liña con astrónomos e astrónomas de todo o mundo. Consulta as seguintes ligazóns para máis información:
NOC Perú en español: https://www.facebook.com/space.unmsm/
NOC Tunisia en inglés: https://www.facebook.com/OAOTUNISIA/
3) Colaboración NOC Nepal co Planetario de Pequín
A Sociedade Astronómica de Nepal, da cal o noso NOC Nepal é parte, está traballando co Planetario de Pequín na China para amosar a exposición fotográfica “O ceo a través dos Himalaias”. Parte da exposición pode verse en liña.
Máis información: http://www.bjp.org.cn/xwzx/gndt/4028f10f72df053c0172df0ad3260de1.shtml?fbclid=IwAR0pUni6irrL0kjGEpXtX79E6O6I8jXNod6v5PatIE6V9eis1n_gcalEVRU
4) Subvención ERASMUS+ para European ROAD
A Oficina Europea Rexional de Astronomía para o Desenvolvemento (E-ROAD) da Oficina IAU para o Desenvolvemento (IAU OAD) foi premiada cunha subvención EU ERASMUS+ International Credit and Mobility, que apoiará a visita á Universidade de Leiden, nos Países Baixos, sede do E-ROAD, de estudantes e conferenciantes con relación coas oficinas rexionais IAU OAD de Armenia, Colombia, Etiopía e Nixeria. Parabéns para a Oficina por recibir este premio fantástico!
Máis información, aquí: https://www.universiteitleiden.nl/en/news/2020/06/record-number-of-grants-for-collaboration-with-universities-outside-the-eu?fbclid=IwAR2AaStDfQG9tLvhkgDnqMIlP8k7yvjfywEtYDmbINLtpn-pLKHSgCRugRg
5) O espazo no teu salón!
O espazo no teu salón é un programa de verán en liña organizado por spaceEU que leva a astronomía ás casas da mocidade, as familias e o profesorado. O programa multilingüe ten lugar entre o 6 de xullo e o 30 de agosto de 2020.
Máis información: https://mailchi.mp/acb2424b4cdf/summer-programme-space-in-your-living-room-3053318?e=c19694eb28
6) Astrónomos e astrónomas en favor do Planeta Terra
“Astronomers for Planet Earth” (Astrónomos e astrónomas en favor do Planeta Terra) é unha organización que achega información sobre o cambio climáticos desde a persectiva única da astronomía.
Máis información: https://astronomersforplanet.earth/
7) Conferencia Global Hands-On Universe 2020
A Conferencia Global Hands-On Universo 2020 (GHOU) terá lugar en liña entre o 22 e o 28 de agosto de 2020. O rexistro está aberto até o 10 de agosto e as propostas admítense até o 31 de xullo de 2020.
Máis información: https://handsonuniverse.org/ghou2020/
8) Solicitude aos astrónomos e astrónomas amadores de observacións de Venus
Os astrónomos e as astrónomas amadoras están convidadas a observar Venus entre xullo e outubro de 2020 e enviar as súas observacións para apoiar os sobrevoos ao planeta da misión ESA-JAXA BepiColombo en agosto e outubro. As observacións enviadas achegarán datos contextuais para as observacións recollidas pola BepiColombo.
Máis información: http://pvol2.ehu.eus/bc/Venus/?fbclid=IwAR2CQDd9SaixOu0P3BQSZyG4Oxptxpj1UaaEijco62-PLT8VplSFFfpxmC4
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
Recursos
Exploradores do cosmos de Serol
Observa as marabillas do cosmos empregando telescopios robóticos.
Ligazón: https://serol.lco.global/
Ciencia na casa
Xogos de ciencia cidadá
Ligazón: https://www.scienceathome.org/
Tecnovación
Desafíos do deseño de foguetes e avións
Ligazón: https://www.curiositymachine.org/challenges/?theme=Aerospace#challenges
Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
Tes interese en traducir o noso boletín ao teu idioma? Por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
O boletín é traducido aos seguintes idiomas:
-Tradución ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Tradución ao portugués europeo elaborada por Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).
-Tradución ao español, elaborada por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Tradución ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.
-Tradución ao francés, elaborada por Rulx Narcisse, da Sociedade Astronómica Haitiana, neste enderezo: https://haitiastronomie.blogspot.com/. Os números anteriores das traducións poden atoparse aquí: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.