Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Setembro #1
Neste boletín:
0) Nota editorial
1) Unha cordial benvida aos novos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional
2) IAUS 367 “Educación e patrimonio na era do Big Data en astronomía”
3) Os subgrupos IAU EC WG sobre astronomía para a equidade e a inclusión aceptan novos membros
4) Campaña Globe at Night
5) Novas traducións dispoñíbeis do folleto “Da medicina ao Wi-Fi: aplicación técnica da astronomía á sociedade”
6) Space Scoop
7) Celebra o Día Internacional da Tradución
8) Semana Mundial do Espazo 2020
9) Repositorio de actividades e recursos en liña – Edición COVID-19
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU
0) Nota editorial
Prezados amigos, amigas e colegas,
Desde abril de 2020 o noso equipo estivo promovendo as mellores actividades de divulgación a través dos premios de divulgación en liña Astronomy @ Home. Con máis de 350 propostas individuais de 59 países, vimos de primeira man os incríbeis esforzos realizados pola comunidade de divulgación para superar as medidas de confinamento e continuar con seguridade as súas iniciativas de popularización da astronomía. Produce abraio vermos as ideas enxeñosas, a perseveranza e o duro traballo que suxiren as propostas e constatarmos que, mesmo en confinamento, nunca estamos realmente en soidade.
Neste número do noso boletín, queremos propoñervos a que vos unades aos subgrupos IAU sobre equidade e inclusión, dar unha cordial benvida ás novas persoas encargadas da divulgación nacional e convidarvos a celebrar o Día Internacional da Tradución.
Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,
Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU
1) Unha cordial benvida aos novos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional
A Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU dá a benvida ás novas persoas que desenvolverán a función de NOC da IAU para a nosa familia OAO:
NOC de Botswana, Molly Kgobathe
NOC de Benin, Pide Aristide Ahanhanzo
NOC de Mauritania, Ely Cheikh Ould Mohamed Navee
Os e as NOC son os puntos de contacto centrais de divulgación da IAU e apoian os esforzos de divulgación da astronomía dentro do seu país ou rexión.
Podes atopar a información de contacto de cada NOC aquí: https://sites.google.com/oao.iau.org/iauoaonews/national-pages
2) IAUS 367 “Educación e patrimonio na era do Big Data en astronomía”
O simposio 367 da IAU sobre “Educación e patrimonio na era do Big Data en astronomía” celebrarase en liña do 8 ao 12 de decembro de 2020. O obxectivo principal deste simposio é dar unha visión global sobre Educación e Patrimonio no marco do Plan Estratéxico da IAU 2020-2030 e propoñer unha eventual folla de ruta dos ‘próximos pasos’ e unha axenda global de educación en astronomía para a próxima década, á vez que se honra a educación do pasado. A inscrición é gratuíta e o prazo para o envío de propostas remata o 20 de setembro de 2020.
Máis información aquí: http://sion.frm.utn.edu.ar/iaus367/
3) Os subgrupos IAU EC WG sobre astronomía para a equidade e a inclusión aceptan novos membros
Os subgrupos do Grupo de Traballo sobre Astronomía para a Equidade e a Inclusión do Comité Executivo da IAU son subconxuntos creados para centrarse, tanto no debate como na realización de actividades, nos diferentes ámbitos da inclusión. Hai nove subgrupos que aceptan membros. Nese espírito de inclusión, os subgrupos aceptan a todas as persoas interesadas en colaborar, aínda que non sexan membros da IAU.
Podes descubrir máis sobre os subgrupos nesta ligazón.
4) Campaña Globe at Night
Globe at Night é unha campaña mensual de ciencia cidadá co obxectivo de rastrexar os efectos da contaminación luminosa nos nosos ceos nocturnos. A sesión de observación deste mes está tendo lugar agora e remata o 18 de setembro de 2020.
Máis información aquí: https://www.globeatnight.org/
5) Novas traducións dispoñíbeis do folleto “Da medicina ao Wi-Fi: aplicación técnica da astronomía á sociedade”
O folleto “Da medicina ao Wi-Fi: aplicación técnica da astronomía á sociedade” conta agora con traducións ao xaponés e o coreano. As utilidades prácticas da astronomía non sempre son obvias, mais este campo da ciencia tivo un impacto que vai máis alá da observación do ceo nocturno. Este folleto detalla os desenvolvementos da astronomía que acabaron introducíndose na vida moderna.
Podes atopar máis información sobre os nosos recursos e publicacións recomendados aquí: https://www.iau.org/public/oao/#Resources
6) Space Scoop
Space Scoop ofrece novas emocionantes sobre os últimos descubrimentos astronómicos nunha linguaxe axeitada para os nenos e nenas e vén acompañado de impresionantes imaxes astronómicas. Os artigos distribúense directamente polas principais axencias espaciais e institutos de todo o mundo, permitindo que a rapazada de todo o mundo poida lelos ao mesmo tempo.
Para saber máis: http://www.spacescoop.org/
7) Celebra o Día Internacional da Tradución
O 30 de setembro celebramos o Día Internacional da Tradución para homenaxearmos o traballo dos e das profesionais da lingua, que xogan un papel importante na unión das nacións facilitando o diálogo, a comprensión e a cooperación, contribuíndo ao desenvolvemento e fortalecendo a paz e a seguridade mundiais (segundo expresa a convocatoria oficial das Nacións Unidas). É tamén unha oportunidade para enviarmos un cálido agradecemento a todas as persoas que traducen, corrixen ou fan revisións científicas a través do noso programa IAU Rede de Tradución Astronómica.
Podes saber máis no sitio web https://www.un.org/en/events/translationday/
8) Semana Mundial do Espazo 2020
A Semana Mundial do Espazo é unha celebración anual do espazo declarada pola ONU, que ten lugar cada outubro entre os días 4 e 10. Os eventos están organizados por institucións de todo o mundo, incluídas axencias espaciais, empresas aeroespaciais, clubs de astronomía e museos. A edición da Semana Mundial do Espazo 2020 está dedicada aos satélites baixo o tema “Os satélites melloran a vida”. É unha oportunidade importante para discutirmos os beneficios dos satélites para a sociedade e resaltarmos o impacto negativo que as constelacións de satélites poden ter nas observacións astronómicas e na preservación do ceo nocturno das rexións que conservan a escuridade.
Podes participar no obradoiro en liña “Ceos escuros e tranquilos para a ciencia e a sociedade”, do 5 ao 9 de outubro de 2020. Un día do obradoiro dedicarase ao impacto das constelacións de satélites na astronomía e ás recomendacións de regulamentos. É necesario rexistrarse.
Tamén podes acceder aos informes “Impacto das constelacións de satélites na astronomía óptica e recomendacións para a súa atenuación”:
Informe principal: https://noirlab.edu/public/products/techdocs/techdoc003/
Apéndices (con todos os informes dos grupos de traballo): https://noirlab.edu/public/products/techdocs/techdoc004/
E vídeo da conferencia de prensa: https://www.youtube.com/watch?v=VCyE8BNYIKM
Tamén podes ler a Declaración da IAU sobre o impacto das constelacións de satélites e o noso Tema IAU. Animámosvos a todos a unirvos ás discusións.
Descubre máis sobre a Semana Mundial do Espazo 2020 en https://www.worldspaceweek.org/world-space-week-highlights/
9) Repositorio de actividades e recursos en liña – Edición COVID-19
NASA’s Space Place & NASA at Home
https://spaceplace.nasa.gov/ e https://solarsystem.nasa.gov/news/1192/10-things-to-do-with-nasa-at-home/
Actividades de astronomía en liña, Instituto de Astronomía, Cambridge
https://www.public.ast.cam.ac.uk/online-astronomy-activities-1
Actividades e recursos para a aula, Observatorio MacDonald
https://mcdonaldobservatory.org/teachers/classroom
Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:
Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.
Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.
Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.
Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.
Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.
Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).
Se queres traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor escríbenos a public@oao.iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.