Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Outubro 2019 #2
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) CAP2020 terá lugar en Sydney, Australia
2) Comeza a segunda fase do Proxecto Amanar con actividades de divulgación astronómica en campamentos de refuxiados de Tinduf
3) IAU100 lanza a serie de vídeos “Baixo un mesmo ceo: astronomía arredor do mundo”
4) Proxecto global IAU100 NameExoWorlds desenvolve máis de 100 competicións nacionais
5) Premio Nobel de Física 2019 outorgado a James Peebles, Michel Maior e Didier Queloz
6) Aberto o prazo de solicitudes para a admisión de novos membros junior e membros individuais
7) Edward C. Stone recibiu o Premio Shaw en Astronomía
8) Anunciado o proxecto gañador do Premio Mulleres e Nenas en Astronomía
9) Reunións e eventos globais
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU
0) Nota dos editores
Prezados amigos, amigas e colegas,
Comezou a tempada de premios e os astrónomos están á fronte e no centro dos principais premios deste ano, co Premio Nobel de Física 2019 e o Premio Shaw dedicados á astronomía. Esperamos que poidades dedicarlle algún tempo a aprender máis sobre as persoas premiadas e o impacto e o legado que deixan as súas investigacións.
Para celebrarmos o IAU100, queremos destacar dúas campañas actualmente en curso, NameExoWorld e a serie de vídeos Under One Sky (Baixo un mesmo ceo), e o inicio da segunda fase do Proxecto Amanar, que leva a astronomía ás persoas que viven en campamentos de refuxiados.
Por último, mais non é menos importante, o noso equipo e os nosos colegas do NAOJ están a traballar arduamente para dar a benvida a 130 participantes de trinta países diferentes ao Campus Mitaka do NAOJ en Toquio para o primeiro simposio da IAU sobre equidade, diversidade e inclusión en astronomía. Ao apoiar este simposio, o noso equipo ten como obxectivo aumentar o acceso á información astronómica a todos os astrónomos e as astrónomas e a todo o público, e comprender como a divulgación pode contribuír de maneira efectiva á diversidade e a inclusión nos equipos científicos.
Desexámosvos ceos despexados!
Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU
1) CAP2020 terá lugar en Sydney, Australia
A próxima Conferencia CAP terá lugar do 21 ao 25 de setembro de 2020 en Sydney, Australia. A Universidade Macquarie será a anfitrioa desta edición da conferencia e estamos entusiasmados de traballar coa universidade para preparar outra excelente reunión. A Conferencia CAP é o evento internacional máis grande que vincula a astronomía e a comunicación da ciencia, e serve de plataforma para facilitar o intercambio de ideas e as mellores prácticas en comunicación científica, divulgación e temas similares.
Estade atentos á inscrición a partir de decembro de 2019.
Máis información, aquí: https://www.communicatingastronomy.org/cap2020/
2) Comeza a segunda fase do Proxecto Amanar con actividades de divulgación astronómica en campamentos de refuxiados de Tinduf
O proxecto Amanar: Under the Same Sky (Baixo un mesmo ceo) ten como obxectivo inspirar á mocidade saharauí de Alxeria a través da astronomía, utilizándoa como unha ferramenta para promover a paz, o intercambio cultural e o entendemento mutuo. Comezou a segunda fase do proxecto, e un equipo internacional de profesionais da astronomía e da educación viaxa aos campamentos de refuxiados en Tinduf para levar a cabo actividades de divulgación de astronomía.
Podes ler máis sobre o proxecto aquí: https://www.iau-100.org/amanar-under-the-same-sky
3) IAU100 lanza a serie de vídeos “Baixo un mesmo ceo: astronomía arredor do mundo”
IAU100 comprácese en anunciar o lanzamento da serie de vídeos “Under One Sky: Astronomy Around the World” (Baixo un mesmo ceo: astronomía arredor do mundo) que destaca e celebra a astronomía en países de todo o mundo.
Tes máis información sobre o lanzamento aquí: https://www.iau-100.org/under-one-sky-series
Podes ver os vídeos no canal da IAU en Youtube:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLJ5Xv0K-jrErfh6GF1EFK6laFjyXv0EC7
4) Proxecto global IAU100 NameExoWorlds desenvolve máis de 100 competicións nacionais
O proxecto global NameExoWorlds espertou interese internacional e recibiu moita participación e cobertura nos medios. Miles de nomes foron propostos ás respectivas campañas nacionais para nomear un exoplaneta e a súa estrela anfitrioa.
Máis información, aquí: https://www.iau-100.org/name-exoworlds-update
5) Premio Nobel de Física 2019 outorgado a James Peebles, Michel Maior e Didier Queloz
A Unión Astronómica Internacional felicita aos tres gañadores do Premio Nobel de Física 2019. A Real Academia Sueca de Ciencias decidiu outorgar o premio deste ano ás “contribucións á nosa comprensión da evolución do universo e o lugar da Terra no cosmos”, dividindo o premio entre James Peebles “por descubrimentos teóricos en cosmoloxía física” e a outra metade conxuntamente para Michel Maior e Didier Queloz “polo descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela de tipo solar”. Parabéns aos premiados, que son nos tres casos membros da IAU.
Podes ler o comunicado da IAU aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann19061/
6) Aberto o prazo de solicitudes para a admisión de novos membros junior e membros individuais
Está aberto o prazo de solicitude para a admisión de Membros Junior da IAU, unha categoría presentada na XXX Asemblea Xeral da IAU en agosto do ano pasado. As persoas elixíbeis deben ser científicos e científicas que se atopan na fase inicial dunha carreira de investigación coa perspectiva de converterse en profesionais da investigación astronómica. Nesta rolda de solicitudes, as persoas candidatas deben completar os seus estudos de doutoramento en calquera campo da astronomía entre 2014 e 2019. A admisión do Comité Executivo como membro junior será por un período máximo de seis anos. Máis información: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann19060/
A solicitude de admisión de membros individuais tamén está aberta e péchase o 15 de decembro de 2019. Máis información dispoñíbel aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann19059/
7) Edward C. Stone recibiu o Premio Shaw en Astronomía
O astrónomo Edward C. Stone é unha das tres persoas gañadoras do Premio Shaw deste ano, no seu caso polas súas contribucións ao programa Voyager. Comparte o premio con Maria Jasin en ciencias da vida e medicina e Michel Talagrand en ciencias matemáticas.
O Premio Shaw recoñece e recompensa o traballo de científicos e científicas en activo que lograron avances significativos cun impacto positivo para a humanidade. Como premio Shaw en astronomía, Stone está convidado a dar a conferencia plenaria Fundación Premio Shaw na Asemblea Xeral da IAU en Busan en 2021.
Máis información dispoñíbel neste enderezo: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann19058/
8) Anunciado o proxecto gañador do Premio Mulleres e Nenas en Astronomía
O proxecto Astro Molo Mhalaba foi seleccionado como o gañador do Premio IAU100 Mulleres e Nenas en Astronomía. Esta iniciativa involucra a máis de cen nenas de comunidades desfavorecidas en Cidade do Cabo, África do Sur, a través de actividades de divulgación de astronomía en febreiro de 2019.
Podes ler máis sobre o proxecto aquí: https://www.iau-100.org/astro-molo-mhalaba
9) Encontros e actividades globais
Aquí podes atopar unha listaxe de conferencias e eventos sobre divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica con antelación un ano moi especial para a astronomía, cheo de eventos interesantes!
a) IAUS358: Astronomía para a Equidade, a Diversidade e a Inclusión – unha folla de ruta para as accións no marco do centenario da IAU
Datas: do 12 ao 15 de novembro de 2019
Lugar: Toquio, Xapón
Máis información: https://iau-oao.nao.ac.jp/iaus358/
b) Arte, Visualisación e Cosmos na Educación
Datas: 5 e 6 de decembro de 2019
Lugar: Melbourne, Victoria, Australia
Máis información: https://www.deakin.edu.au/about-deakin/events/art-visualisation-and-the-cosmos-in-education
c) Conferencia Educación e investigación con telescopios robóticos
Datas: do 8 ao 11 de decembro de 2019
Lugar: Melbourne, Victoria, Australia
Máis información: https://rtsre.net/
d) Primeiro obradoiro Shaw-IAU de “Astronomía para a educación”
Datas: do 17 ao 19 de decembro de 2019
Lugar: París, Francia
Máis información: https://www.iau.org/education/oae/shaw-iau-workshop/
e) Conferencia CAP 2020
Datas: do 21 ao 25 de setembro de 2020
Lugar: Sydney, Australia
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/cap2020/
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Traducións ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Traducións ao español, elaboradas por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.
-Tradución ao portugués elaborada por Catarina Leote e João Ferreira a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2019!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.