Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Outubro #1

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Acéptanse candidaturas para NOC Nixeria
2) SKA únese ao esquema de financiamento dos NOC
3) Actualidade da conferencia CAP
4) Premio de Doutoramento IAU
5) Informe anual 2019-2020 da Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento
6) Entrevista entre a NOC de Indonesia e a presidenta da IAU, Ewine van Dishoeck en Lagitselatan
7) Campaña de Astrónom@s sen Fronteiras #BaixoasMesmasEstrelas
8) CoAstro: @n Astronomy Condo
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

A semana pasada o noso equipo participou no segundo obradoiro Shaw-IAU dirixido pola nosa oficina irmá, a Oficina de Astronomía para a Educación da IAU (OAE). Queremos felicitar a Markus Pössel e o resto dos nosos compañeiros e compañeiras da OAE polas frutíferas discusións. Tamén queremos dar a benvida aos novos coordinadores e coordinadoras nacionais de educación en astronomía (NAECs), con quen desexamos seguir colaborando.

Na nosa oficina, pechamos recentemente as solicitudes para a primeira fase do noso esquema de financiamento anual para a rede de NOCs. Actualmente tamén estamos seleccionando as persoas gañadoras dos premios Astronomy @ Home e seguiremos con máis novidades respecto diso a principios de novembro.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU

1) Acéptanse candidaturas para NOC Nixeria

A Oficina de Divulgación da Astronomía da IAU (OAO) acepta solicitudes para o posto de Coordinación da Divulgación Nacional en Nixeria. As e os solicitantes deben ser de Nixeria ou residir no país. Tedes máis información sobre o posto e os requisitos que se exixen aquí: https://iau.org/public/noc/

As persoas interesadas neste posto voluntario deben enviar un correo electrónico a public@oao.iau.org co asunto “NOC Nigeria” antes do 20 de outubro de 2020.

Queremos darlle as grazas ao noso anterior NOC Nixeria Onyeuwaoma Nnaemeka Dom a súa colaboración e apoio á OAO e IAU.

2) SKA únese ao esquema de financiamento dos NOC

A Oficina de Divulgación da Astronomía da IAU (OAO) está encantada de asociarse coa organización Square Kilometer Array (SKA) para ampliar o alcance do esquema de financiamento NOC. Os membros da rede de comunicación e divulgación de SKA (SKACON) agora poderán asociarse aos coordinadores e coordinadoras nacionais de divulgación da IAU (NOC) cun número limitado de subvencións para a divulgación da radioastronomía.

Máis información: https://www.iau.org/public/oao/nocs_funding/

3) Actualidade da conferencia CAP

A conferencia Comunicar astronomía co público (CAP) celebrarase en liña en 2021. A próxima conferencia presencial está prevista que se celebre en Sidney, Australia, en 2022.

Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/cap2021/

4) Premio de Doutoramento IAU

A IAU acepta solicitudes para o premio de doutoramento da IAU. O premio está aberto a persoas de calquera país, independentemente de que o país sexa membro ou non da IAU, que defenderon a súa tese entre o 16 de decembro de 2019 e o 15 de decembro de 2020. A data límite para presentarse é o 15 de decembro de 2020.

Máis información: https://www.iau.org/science/grants_prizes/phd_prize/

5) Informe anual 2019-2020 da Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento

A nosa oficina irmá, a Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento da IAU (OAD), publicou o seu informe anual 2019-2020 sobre os seus eventos e actividades.

Podedes lelo aquí: https://cloudcape.saao.ac.za/index.php/s/EJYh1wOqXMo5PDr

6) Entrevista entre a NOC de Indonesia e a presidenta da IAU, Ewine van Dishoeck en Lagitselatan

A nosa NOC de Indonesia falou coa presidenta da IAU, Ewine van Dishoeck, sobre o seu traballo en astronomía, o seu papel como presidenta da IAU e sobre como a IAU apoia a astronomía a nivel mundial. A entrevista fíxose no marco do programa Astro Wicara en langitselatan (portal especializado en información astronómica en Indonesia).

Podedes ver a entrevista aquí: https://langitselatan.com/2020/10/03/astro-wicara-edisi-khusus-prof-dr-ewine-van-dishoeck/

Grazas a Avivah Yamani por compartir connosco esta noticia.

7) Campaña de Astrónom@s sen Fronteiras #BaixoasMesmasEstrelas

Astrónom@s sen fronteiras iniciou unha campaña nas redes sociais para animar a xente a mirar o ceo e sentirse conectada con outras persoas de todo o mundo. Compartirán inspiración e información nas súas redes sociais.

Podes ver o lanzamento da campaña aquí: https://www.facebook.com/astronomerswithoutborders/videos/270027937405837

8) CoAstro: un condominio de astronomía

“CoAstro: um condomínio de astronomia” é un proxecto de ciencia cidadá que xunta investigadores e investigadoras, profesorado e estudantes en Portugal. O equipo combina neste proxecto actividades e investigación e, logo de publicar os resultados da primeira fase do programa, abriu xa as solicitudes para a segunda fase.

Máis información aquí: https://condominio.astro.up.pt/

Grazas a Ilídio André Costa por compartir esta información.

9) Repositorio de actividades e recursos en liña – Edición COVID-19

Eventos

Quinto encontro rexional IAU Oriente Medio e África
Cando: do 10 ao 12 de novembro de 2020
Ligazón: http://mearim.rcsstewa.com/

Clases e conferencias mensuais de Orange County Astronomers
Cando: variábel ao longo de cada mes
Ligazón: https://ocastronomers.org

Recursos

Xogo de exploración de nubes moleculares da Universidade de Massachusetts
Ligazón: https://bit.ly/3f43xrW

Conferencias públicas de introdución á astronomía en farsi
Ligazón: https://www.astrozoom.ir

Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queres traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor escríbenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.