Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Agosto #1

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Ampliada a data límite para os premios de divulgación astronómica en liña Astronomy@Home
2) Anunciados os resultados da convocatoria extraordinaria de propostas COVID-19
3) Posto post-doc na Oficina IAU de Astronomía para a Educación
4) Benvida aos novos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional
5) Abre o plan de financiamento NOC
6) Campaña Globe at Night de agosto de 2020
7) Concurso de fotografía SPIE do Día Internacional da Luz
8) Concurso artístico en parzaría con International Observe the Moon Night
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

As oficinas da IAU estiveron particularmente ocupadas estas últimas semanas e temos moitas ganas de compartir convosco estes novos progresos, entre eles os resultados da convocatoria extraordinaria de propostas da Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento (IAU OAD) e o novo posto que se abre na Oficina de Astronomía para a Educación (IAU OAE). A nosa oficina en particular ofrece moitas oportunidades para os coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional (NOCs), incluída a edición deste ano do Plan de Financiamento NOC. Ademais, damos conta dalgúns concursos internacionais que poden ser do voso interese ou da xente da vosa rede.

Por último, queremos facer unha corrección no punto #6 do segundo boletín de xullo. Contra o que alí se dixo, a IAU OAD non está relacionada cos esforzos na procura de ventiladores en África do Sur. É a institución que acolle a IAU OAD, o Observatorio Astronómico Surafricano, quen está envolvido no proxecto.

Desexámosvos os ceos máis despexados e a mellor saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU

1) Ampliada a data límite para os premios de divulgación astronómica en liña Astronomy@Home

A data límite para presentarse aos premios de divulgación astronómica en liña Astronomy@Home ampliouse un mes. A primeira fase dos premios remata o 31 de agosto de 2020. Estes premios foron creados en resposta ao cambio repentino ás actividades de divulgación en liña no marco dos confinamentos provocados pola COVID-19. Até o momento foron enviadas para a súa avaliación nos premios 250 actividades e estamos na procura de máis actividades que se poidan someter a consideración.

Máis información: https://www.iau.org/public/iauoutreachaward/

2) Anunciados os resultados da convocatoria extraordinaria de propostas COVID-19

A Oficina IAU de astronomía para o desenvolvemento anunciou os resultados da convocatoria extraordinaria de propostas. Esta convocatoria naceu como reacción á pandemia da COVID-19 e apoia 43 proxectos que responden aos impactos negativos da COVID-19 en comunidades de todo o mundo.

Podedes ler máis información aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann20028/

3) Posto post-doc na Oficina IAU de Astronomía para a Educación

A Oficina IAU de Astronomía para a Educación (OAE) creou un posto post-doutoral de cinco anos en investigación na educación astronómica. As solicitudes están abertas até o 26 de agosto de 2020.

Máis información: http://www.haus-der-astronomie.de/oae/positions

4) Benvida aos novos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional

Desde principios de 2020, a Oficina IAU de Divulgación da Astronomía deu a benvida aos seguintes coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional (NOCs) á rede de NOCs da IAU.

NOC Angola, Marco Romero

NOC Austria, Johannes Stübler

NOC Bután, Ugyen Pem

NOC Camerún, Mbonteh Roland Ndunge

NOC República Dominicana, Manuel E. Grullon

NOC Haití, Rulx Narcisse

NOC Libia, Abbas Endaisha

NOC Paraguai, Jorge Luis Maidana-Montiel

NOC Portugal, João Retrê

NOC Qatar, Hani Dalee

NOC Serbia, Monika Jurković

NOC Serra Leoa, Alimamy Conteh

NOC Singapur, Tan Jyh Harng

NOCs Vietnam, Phuong Loan Huynh e Tan Vu Nguyen

NOC Usbequistán, Zavkiddin Mirtoshev

Os e as NOC son os nodos centrais de contacto da IAU e apoian os esforzos de divulgación astronómica no seu país ou rexión.

Podedes atopar a súa información de contacto nesta ligazón: https://sites.google.com/oao.iau.org/iauoaonews/national-pages

5) Arranca o plan de financiamento NOC

A Oficina IAU de Divulgación da Astronomía apoia aos coordinadores e coordinadoras de divulgación nacional (NOCs) a través do plan de financiamento NOC. Estes fondos apoian proxectos que promoven a cooperación internacional entre algúns dos máis de 130 nodos nacionais de contacto da divulgación astronómica.

Máis información: https://www.iau.org/public/oao/nocs_funding/

6) Campaña Globe at Night de agosto de 2020

Globe at Night é unha campaña de ciencia cidadá mensual que avalía os efectos da contaminación luminosa nos nosos ceos nocturnos. A sesión de observación deste mes esténdese até o 19 de agosto de 2020.

Máis información: https://www.globeatnight.org/

7) Concurso de fotografía SPIE do Día Internacional da Luz

SPIE, a sociedade profesional para as tecnoloxías ópticas e fotónicas, celebra un concurso de fotografía aberto ao público en xeral en honor do Día Internacional da Luz. É un concurso internacional con categorías diferenciadas para a mocidade e as persoas adultas. O prazo para concursar remata o 16 de setembro de 2020.

Tedes máis información aquí: https://spie.org/about-spie/international-day-of-light/spie-idl-photo-contest?utm_id=zidl18e&SSO=1

8) Concurso artístico en parzaría con International Observe the Moon Night

Acéptanse propostas para o concurso artístico internacional “A arte da ciencia planetaria 2020: unha odisea virtual”, unha mostra organizada polo Laboratorio Lunar e Planetario da Universidade de Arizona nos Estados Unidos en parzaría con International Observe the Moon Night. O prazo remata o 31 de agosto de 2020 MST.

Máis información: https://www.lpl.arizona.edu/art/2020/prospectus

9) Repositorio de actividades e recursos en liña

Recursos

Skype a Scientist
Convida a un científico ou unha científica para que converse en liña con estudantes.
Ligazón: https://www.skypeascientist.com

Kolibri
Biblioteca educativa lixeira e dispoñíbel fóra de liña
Ligazón: https://learningequality.org/kolibri/

AstroEDU
Leccións de astronomía revisadas por pares en múltiples idiomas
Ligazón: https://astroedu.iau.org/en/collections/

Podes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queres traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor escríbenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.