Na “IX Xornada de Onomástica: os outros nomes”, organizada pola Real Academia Galega, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está representada polo noso socio Martin Pawley, que impartirá unha palestra co título “Os nomes do ceo”, sobre o traballo de normalización en galego da terminoloxía astronómica. A xornada poderá seguirse en liña en directo a través desta ligazón.
ArchivesXornadas científicas e culturais
IV Xornadas sobre Contaminación Luminosa en Corme
Proxección do documental “Noites do Norte, Ceos Estrelados” de Travis Novitsky e coloquio posterior.
Ó Ciência, I Encontro de Comunicaçao de Ciência dos Açores
Encontro de Comunicaçao de Ciência dos Açores. Participou nel o noso socio Martin Pawley con dous relatorios, “A comunicación da ciencia e o cinema” e “O impacto da polución luminosa”. Organiza: Universidade dos Açores (Ponta Delgada).
Proxección do documental “Northern Nights, Starry Skies”
Presentación do IV Encontro da Noite e proxección do documental “Northern Nights, Starry Skies”, creado por Travis Novitsky, fotógrafo nativo americano, membro da nación Anishinaabe. O filme expón o impacto da contaminación luminosa sobre a saúde, o medio ambiente e o patrimonio cultural e pon en valor a importancia da preservación da noite.
A Coruña viaxa a África co planetario da Casa das Ciencias
Xornada de convivencia coa comunidade migrante africana de A Coruña que inclúe sesión de planetario e visita á Casa das Ciencias, en colaboración con EcoDesarrollo Gaia.