A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío participa no programa ambiental Eu quero Razo/Baldaio que organiza o Concello de Carballo.
ArchivesObservación do ceo
Observación guiada de Perseidas en Muras
Observación guiada das constelacións e obxectos visibles nesta noite, coincidindo co máximo das Perseidas. A meirande parte da observación dirixirase a ollo nú, se ben tamén daranse indicacións para observación con prismáticos. Aquelas persoas que dispoñan de prismáticos poden levar os seus particulares, se ben a Agrupación tamén levará algúns binoculares para préstamos compartido entre as persoas asistentes.
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío colabora co Concello de Muras na realización dunha actividade de observación de Perseidas. O Concello de Muras é destinto turístico Starlight dende 2020.
Observación: A noite de Yuri
Observación do ceo nocturno a simple vista e con telescopio nas inmediacións do MUNCYT da Coruña, en conmemoración e recordo da primeira vez que un ser humano, Yuri Gagarin, viaxou ao espazo, o que ocurriu o 12 de abril de 1961.
Observación no CPI Virxe da Cela (Monfero)
ACTIVIDADE NON ABERTA AO PÚBLICO XERAL
Observación comentada do ceo a simple vista e con prismático para a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela (Monfero).
Observación astronómica no Aquarium Finisterrae
Observación astronómica a simple vista na terraza exterior do Aquarium Finisterrae organizada polos Museos Científicos Coruñeses coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. A participación é libre até completar espazo. Recoméndase ir ben abrigados e que leven prismáticos propios as persoas que dispoñan deles.