Festa de astronomía en apoio ás familias refuxiadas afgás acollidas pola asociación A Maristela en Sobrado dos Monxes.
ArchivesObservación do ceo
Obradoiro e observación: “Ceos do Baixo Ulla”
Obradoiro de planisferios celestes e observación do ceo a simple vista e con prismáticos en Valga. Primeira edición dunha actividade anual, “Ceos do Baixo Ulla”, organizada pola Asociación Cultural Os Penoucos e obaixoulla.gal.
Festival Mar de Mares: navegar baixo as estrelas
Observación astronómica dende un barco polo mar da Coruña guiada polo noso compañeiro Xabier Pérez Couto. Máis información, no web do festival Mar de Mares.
Observación solar
Observación solar no Castro de Elviña, en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Tempo Novo.
Actividade do proxecto AMANAR na Coruña
Actividade cultural e astronómica gratuíta para a rapazada saharauí que participa no programa “Vacacións en Paz” e as súas familias de acollida. A actividade consistirá nunha visita á Casa das Ciencias e o Planetario, que irá seguida dunha observación astronómica na contorna do museo, no Parque de Santa Margarida. En colaboración co Proxecto Amanar (GalileoMobile).