Observación astronómica a simple vista e con prismáticos no marco dos encontros de astronomía e arte organizada pola Galería e Laboratorio Creativo Vilaseco. Máis información, aquí.
ArchivesObservación do ceo
XI Noite Efervescente
Festa da ciencia inclusiva con observación pública do ceo, radio, dramatización sonora e petiscos organizada polo programa “Efervescencia” da Radio Galega, que conduce Manuel Vicente.
Observación de estrelas e de fauna nocturna
Observación de fauna nocturna e do ceo de inverno en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat. Máis información, aquí.
Obradoiro de planisferios e observación astronómica na Casa de Rosalía
Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Actividade aberta a toda a familia. Ao rematar o obradoiro, se a meteoroloxía non o impide, desenvolveremos unha observación astronómica na horta da Casa de Rosalía para poñer en práctica o planisferio.
InOMN 2022 – Noite Internacional de Observación da Lúa
Observación astronómica pública no marco da acción mundial InOMN 2022 – Noite Internacional de Observación da Lúa.