Romería científica no Parque de Santa Margarida.
ArchivesExposiciones y ferias científicas
XXVI Día da Ciencia na Rúa
Romería científica no Parque de Santa Margarita que se celebra desde 1996. A Agrupación Ío está presente cun posto no que presentamos ao público diferentes contidos e informacións.
Feira da sustentabilidade
Dentro do programa do Marzo Ambiental a Universidade da Coruña organiza unha nova edición da Feira da Sustentabilidade no campus universitario os días 29, 30 e 31 de marzo, no vestíbulo e corredores da Facultade de Economía e Empresa da UDC, no campus de Elviña. A Feira dá a coñecer asociacións e proxectos que centran a súa actividade en promover un estilo de vida sustentábel e acorde coas necesidades de cambio que nos esixe a emerxencia climática, así como de protección da biodiversidade e da calidade ambiental; e tamén aquelas cunha perspectiva ecosocial, claves para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta. As entidades participantes dispoñen dun punto de información en horario de 10 a 18h os tres días.
https://www.udc.es/novas/Marzo-Ambiental-2022/
OpenScience Cambre 2021
Feira de ciencia no parque da Igrexa de Santa María de Cambre.
Exposición “Ceo profundo”
Exposición composta por 12 astrofotografías dos nosos socios Ángel Arós, César Blanco, Óscar Blanco, Juanjo Picón e Alfredo Madrigal.
Onde: Biblioteca Municipal do Castrillón
Cando: do 20 de outubro ao 20 de novembro no horario de apertura da biblioteca.