ArchivesDiversidade

Observación astronómica – AMANAR

Actividade de divulgación da astronomía coa rapazada saharauí que pasa o verán en España no marco do programa Vacaciones en Paz. Este ano fixemos unha observación astronómica e demostración de realidade virtual no Aquarium Finisterrae o martes 27 de agosto con 10 crianzas e as súas familias de acollida. A Agrupación Ío dispuxo dun telescopio astronómico e varios prismáticos e repartiu planisferios celestes entre os asistentes. Agradecemos a colaboración dos Museos Científicos Coruñeses para facilitarnos a realización da actividade,

Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”

Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”, que emprega o esplendor do ceo e a paisaxe para presentar o coñecemento astronómico cultural saharauí. Duración aproximada: 15 minutos. Prazas limitadas que se adxudicarán por orde. Inscrición obrigatoria a través de formulario que se abrirá o martes 30 de xullo. A cada persoa se lle indicará unha hora concreta para a experiencia.

Proxección do documental “Refugio en las estrellas”

Proxección do documental “Refugio en las estrellas”, sobre a causa do pobo saharauí e as actividades de divulgación de astronomía desenvolvidas nos campos de refuxiados no marco do proxecto Amanar – GalileoMobile. Haberá presentación e coloquio coa participación de Jorge Rivero (ICE-CSIC) e Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT-CSIC). Entrada libre até completar capacidade.