Conferencias breves e coloquio sobre contaminación luminosa. “Plan Lumiere, un reto do presente”, por Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra; “A noite é necesaria” por Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío) e “A contaminación luminosa en Corme” con Suso Lista (A. C. Ínsua de Viastela).
ArchivesCursos, conferencias y charlas
LPTMM – Light Pollution: Theory, Modelling and Measurements
Congreso internacional sobre teoría, modelización e medición da contaminación luminosa. A edición de 2022 ten como sede Santiago de Compostela aínda que se desenvolverá en liña. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é entidade colaboradora do congreso.
Antonia Ferrín Moreiras e outras mulleres astrónomas
Nuria Richer, coordinadora do grupo Muller e Astronomía da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, falaranos do proxecto que están a levar a cabo co fin de incluír no rueiro municipal da Coruña unha rúa co nome da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha tese sobre Astronomía en España. Ademais, mostraranos máis mulleres referentes en Astronomía, así como as problemáticas en canto a xénero que aínda subxacen nesta disciplina hoxe en día.
III Encontro da Noite
Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa. O programa completo e procedemento de inscrición anunciarase nos próximos días.
III Encontro da Noite
Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite.