Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite. En breve, máis información.
ArchivesCursos, conferencias y charlas
Charla no IES Urbano Lugrís (A Coruña)
Charla sobre contaminación luminosa e o seu impacto no ciclo circadiano para o alumnado de 4º de ESO do IES Urbano Lugrís (A Coruña). Actividade non aberta ao público.
Conferencia de Amena Karimyan
Conferencia da astrónoma afgá Amena Karimyan, fundadoro do Grupo Astronómico Kayhana que desenvolveu un programa educativo sobre astronomía en Afganistán antes do regreso ao poder dos talibáns. Máis información no noso blog.
Instrumentos de observación da natureza: prismáticos
Charla do noso compañeiro José Ramón Méndez sobre unha das ferramentas esenciais para toda persoa interesada pola natureza: os prismáticos. Que modelos existen? Que características e particularidades teñen? Como elixir os máis axeitados? Estas e moitas outras dúbidas terán resposta ao longo desta sesión. A actividade forma parte da iniciativa “Falando de natureza” que organiza o Grupo Naturalista Hábitat. Máis información, aquí.
Conferencia de Isabel Suárez Fernández: “Fenómenos críticos en colapso gravitacional, ondas gravitacionais e folerpas de neve. Que teñen que ver?”
Conferencia de Isabel Suárez Fernández, doutora en Física Teórica e investigadora posdoutoral na Universidade das Illas Baleares.