Na Aula CeMIT de Betanzos. Inscricións no correo cemit.betanzos@xunta.gal ou no teléfono 6186930052401.
ArchivesCursos, conferencias y charlas
Curso de iniciación á astronomía
Curso de iniciación á astronomía impartido por Martin Pawley, socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Programa:
1ª sesión. O noso lugar no Universo: como cambiou ao longo da historia o noso coñecemento do cosmos. O firmamento: recoñecemento dalgunhas constelacións e manexo dun planisferio celeste (entregarase un planisferio ás persoas asistentes). Nomes galegos das constelacións
2ª sesión. As estrelas: que son, como se forman, tipos fundamentais e evolución estelar. A contaminación luminosa.
3ª sesión. O sistema solar: planetas, planetas ananos e corpos menores. Eclipses de Sol e Lúa. Exoplanetas.
Gratuíto, con prazas limitadas e inscrición obrigatoria a través deste formulario.
Conferencia e debate: “Excesso de luz” (Lisboa)
Conferencia co título “Excesso de luz”, dentro do ciclo “Aqui, o Universo” organizado pola Culturgest en parcería co Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA). A palestra ten como tema a polución luminosa, o impacto da luz artificial sobre a saúde e a natureza mais tamén sobre o patrimonio inmaterial, cultural e científico asociado á paisaxe das estrelas. Participa Raul Cerveira Lima, do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA), Universidade de Coimbra e Politécnico do Porto, e Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío), con Maria Serrano, comunicadora de ciência e membro da Rede de Comunicação de Ciência e Tecnologia de Portugal – SciComPt. como moderadora. Máis información no web da Culturgest e do IAstro.
Charla de Xabier Pérez Couto: “Mecánica celeste: de Newton á Teoría do Caos”
Charla de Xabier Pérez Couto, investigador predoutoral no Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e socio da Agrupación Ío.
Charla de Martin Pawley: “O teatro das estrelas. Historias de planetarios e cinema”
Conferencia que celebra o centenario dos planetarios a través do cinema impartida por Martin Pawley, crítico e programador de cinema e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Actividade gratuíta e aberta até completar capacidade. Apertura de portas a partir das 19:15.