Proxección do documental “Noites do Norte, Ceos Estrelados” de Travis Novitsky e coloquio posterior.
ArchivesCursos, conferencias y charlas
Presentación “O firmamento animado”
Presentación do libro didáctico de astronomía “O firmamento animado”. O evento é de balde con inscrición previa e está dirixido a educadores/as e divulgadores/as de astronomía. Formulario de inscrición en liña: https://forms.gle/NUa64Pa3ReJ8K9V7A – Máis información en formacion@agrupacionio.com
Charla sobre contaminación luminosa
Na Aula CeMIT de Betanzos. Inscricións no correo cemit.betanzos@xunta.gal ou no teléfono 6186930052401.
Curso de iniciación á astronomía
Curso de iniciación á astronomía impartido por Martin Pawley, socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Programa:
1ª sesión. O noso lugar no Universo: como cambiou ao longo da historia o noso coñecemento do cosmos. O firmamento: recoñecemento dalgunhas constelacións e manexo dun planisferio celeste (entregarase un planisferio ás persoas asistentes). Nomes galegos das constelacións
2ª sesión. As estrelas: que son, como se forman, tipos fundamentais e evolución estelar. A contaminación luminosa.
3ª sesión. O sistema solar: planetas, planetas ananos e corpos menores. Eclipses de Sol e Lúa. Exoplanetas.
Gratuíto, con prazas limitadas e inscrición obrigatoria a través deste formulario.
Conferencia e debate: “Excesso de luz” (Lisboa)
Conferencia co título “Excesso de luz”, dentro do ciclo “Aqui, o Universo” organizado pola Culturgest en parcería co Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA). A palestra ten como tema a polución luminosa, o impacto da luz artificial sobre a saúde e a natureza mais tamén sobre o patrimonio inmaterial, cultural e científico asociado á paisaxe das estrelas. Participa Raul Cerveira Lima, do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA), Universidade de Coimbra e Politécnico do Porto, e Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío), con Maria Serrano, comunicadora de ciência e membro da Rede de Comunicação de Ciência e Tecnologia de Portugal – SciComPt. como moderadora. Máis información no web da Culturgest e do IAstro.