Presentación do caderno “Grandes ideas da astronomía”, tradución ao galego do documento elaborado pola Unión Astronómica Internacional “Big Ideas in Astronomy”, a cargo do noso compañeiro Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío). Entrada gratuita sen reserva previa. Capacidade limitada a 15 persoas para garantir a distancia de seguridade. Haberá retransmisión en liña a través de Google Meet. Máis información, no sitio web e redes sociais da A. C. Alexandre Bóveda.
ArchivesCursos, conferencias y charlas
Charla “Estrela Rosalía”
Charla sobre a campaña que puxo oficialmente o nome de Rosalía de Castro a unha estrela da constelación de Ofiuco, o Serpentario. Exclusivamente en liña para os alumnos do CEIP de Laredo (Redondela).
XXIV Congreso Estatal de Astronomía
ADIADO. Proximamente información de nova data
Máis información en:
- Web: www.xxivcea.es
- Facebook, Twitter e Instagram: @xxivcea
- E-mail: info@xxivcea.es
Charla “Breve historia da astronomía”
Data: ADIADO. Proximamente información de nova data.
Lugar: salón de actos do MUNCYT A Coruña
Imparte: José Ramón Méndez Fuentes (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío)
Actividade gratuita sen reserva previa
Charla “Estrela Rosalíadecastro”
Data: Sábado 7 de marzo de 2020 ás 17:30h
Lugar: Salón de actos do MUNCYT A Coruña
Actividade de balde sen inscrición previa. Prazas ata agotar aforo.
Máis información: http://agrupacionio.com/gl/charla-estrella-rosaliadecastro/