View Calendar
20/02/2024 18:30 - 20:30

Conferencia e debate: "Excesso de luz" (Lisboa)

Conferencia co título "Excesso de luz", dentro do ciclo "Aqui, o Universo" organizado pola Culturgest en parcería co Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA). A palestra ten como tema a polución luminosa, o impacto da luz artificial sobre a saúde e a natureza mais tamén sobre o patrimonio inmaterial, cultural e científico asociado á paisaxe das estrelas. Participa Raul Cerveira Lima, do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA), Universidade de Coimbra e Politécnico do Porto, e Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío), con Maria Serrano, comunicadora de ciência e membro da Rede de Comunicação de Ciência e Tecnologia de Portugal – SciComPt. como moderadora. Máis información no web da Culturgest e do IAstro.

Related upcoming events

  • 23/11/2024 19:30 - 23/11/2024 20:30

    Charla impartida polos socios da Agrupación Ío Moncho Méndez e Rubén Díez. Aberta a todo o público, con entrada a recoller na Casa das Ciencias ese mesmo día.

  • 30/11/2024 18:00 - 30/11/2024 20:00

    Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite. A xornada contará coa participación do cronobiólogo Juan Antonio Madrid e a astrofísica Eva Villaver. En breve, máis información.

  • 17/12/2024 19:30 - 17/12/2024 20:30

    Palestra sobre astronomía arredor dos textos de Rosalía de Castro a cargo de Martin Pawley, co gallo do quinto aniversario do nomeamento da estrela Rosalíadecastro.

  • 18/12/2024 19:30 - 18/12/2024 20:30

    Charla conmemorativa do quinto aniversario do nomeamento da estrela Rosalíadecastro a cargo de Martin Pawley.