Días
Categories
Tags
Venues
- 1212 Abril, 2022
Charla: "Navegación astronómica: as estrelas como guía"
https://agrupacionio.com/gl/event/charla-navegacion-astronomica-las-estrellas-como-guia/MuncytPraza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A CoruñaCharla que imparte a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración co MUNCYT da Coruña.
Conferenciante: Xabier Pérez Couto, matemático, autor da canle de YouTube de divulgación de astronomía AstroXabi e socio da Agrupación Ío.
Descrición: Astronomía e navegación estiveron ligadas dende a fabricación dos primeiros barcos. Antes da invención do GPS e dos primeiros ordenadores o ceo estrelado servía de mapa e guía para quen se atrevía a navegar en alta mar. Nesta palestra-obradoiro da Agrupación Ío aprenderemos os fundamentos necesarios para orientarnos polas estrelas, incluso sen ter terra á vista, e fabricaremos un instrumento náutico que teremos a oportunidade de poñer en práctica na observación posterior.
- 1212 Abril, 2022
Observación: A noite de Yuri
https://agrupacionio.com/gl/event/la-noche-de-yuri/MuncytPraza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A CoruñaObservación do ceo nocturno a simple vista e con telescopio nas inmediacións do MUNCYT da Coruña, en conmemoración e recordo da primeira vez que un ser humano, Yuri Gagarin, viaxou ao espazo, o que ocurriu o 12 de abril de 1961.
- 2323 Abril, 2022
Gala de Premios de Cultura da Deputación da Coruña
http://www.teatrocolon.es/evento/gala-de-premios-daccultura/Gala de entrega dos premios correspondentes aos anos 2020 e 2021 da área de Cultura da Deputación da Coruña. A Agrupación Ío asistirá como entidade galardoada co Premio Rosalía de Castro á Normalización Lingüística. A entrada é de balde con convite que se pode reservar nesta ligazón: http://www.teatrocolon.es/evento/gala-de-premios-daccultura/
- 3030 Abril, 2022
Visita guiada: fondo astronómico antigo da Biblioteca da Casa Consulado
https://agrupacionio.com/gl/event/visita-guiada-fondo-astronomico-antiguo-de-la-biblioteca-de-la-casa-consulado-2-2/Biblioteca da Casa ConsuladoPraza Pintor Álvarez Sotomayor, nº 1, baixo, 15001 A CoruñaVisita guiada á Biblioteca da Casa Consulado, con especial atención ao seu fondo astronómico antigo. Prazas limitadas (máximo 10 persoas).