Días
Categories
Tags
Venues
- 1111 Novembro, 2021
Conferencia de Xabier Pérez Couto: «Catálogos e bases de datos astronómicos»
http://agrupacionio.com/gl/conferencia-de-xabier-perez-couto-sobre-catalogos-y-bases-de-datos-astronomicos/Casa das CienciasParque de Santa Margarita, A CoruñaConferencia a cargo de Xabier Pérez Couto, matemático e divulgador que mantén o canal de Youtube sobre astronomía “AstroXabi” e socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Nesta conferencia falará da orixe e evolución dos diferentes catálogos astronómicos ao longo da historia, os cales constitúen unha das primeiras publicacións científicas da antigüidade.
Entrada gratuíta e por orde de chegada para o público xeral. Obrigatorio o uso de máscara.
- 1919 Novembro, 2021
Conferencia e observación a simple vista na Casa de Rosalía
https://agrupacionio.com/gl/event/conferencia-y-observacion-a-simple-vista-en-la-casa-de-rosalia/Casa de RosalíaA Matanza, s/n 15917 Padrón (Galicia)Conferencia e observación do ceo a simple vista desde a horta da Casa de Rosalía en Padrón a cargo de Martin Pawley e Xabier Pérez Couto. Entrada libre, uso obrigatorio de máscara segundo as recomendacións COVID vixentes. Convidamos ás persoas que asistan a que traian os seus propios prismáticos, se dispoñen deles, para a observación de obxectos de ceo profundo.
Haberá dúas quendas de observación, con rexións diferentes do ceo para observar:
-Ás 19:30: planetas e constelacións de verán e outono.
-Ás 22:30: introdución ao ceo de inverno.
Durante a observación iremos explicando cuestións científicas sobre o ceo enriba das nosas cabezas, así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao firmamento.