A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza “A Astronomía en Hogwarts”, un repaso ás referencias ao ceo na saga de J. K. Rowling, o próximo sábado 27 de outubro ás 18h no Centro Cívico da Cidade Vella.

Trátase dunha charla aberta ao público xuvenil (a partir de 14 anos) e adulto na que se repasarán as relacións co ceo de personaxes, lugares e feitizos das sete novelas de Harry Potter. Paula Neira, compañeira da Agrupación Ío entusiasta das novelas de Harry Potter e afeccionada á astronomía, une nesta actividade a paixón pola astronomía e a literatura.

A inscrición é obrigatoria e a adxudicación de prazas realizarase por orde de inscrición. Podes inscribirte ata o venres 26 de outubro ás 14h a través do seguinte formulario en liña: https://goo.gl/forms/j0iG4UVGky3AzMhf2

Non o deixes pasar!

Cursos_Hogwarts