-Será este sábado, 19 de outubro, a partir das 19:30, con entrada gratuíta mediante convites que se repartirán media hora antes.
Desde que o 4 de outubro de 1957 a humanidade lanzou o Sputnik, poñer satélites no espazo converteuse en algo normal. Porén, as viaxes tripuladas están lonxe de ser unha rutina. Por que? Cal é o futuro da exploración espacial nas próximas décadas? A esas preguntas daralles resposta o astrofísico Daniel Marín nunha conferencia que leva por título “Como escapar do pozo gravitacional da Terra”. Daniel Marín é divulgador científico experto en astronáutica e colaborador da revista Astronomía e do blog Eureka no portal Naukas.
O ciclo de conferencias “Coruña científica” conta co apoio da Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica do Concello da Coruña.