Coñecer o escuro
Entrar no escuro cunha luz é coñecer a luz.
Coñecer o escuro, ir ás escuras. Ir sen ver
para atopar que tamén o escuro ha cantar e florecer,
e que o percorren escuros pés e escuras ás.
Wendell Berry. Tradución ao galego de Estíbaliz Espinosa.
* * * * *
Wendell Berry naceu en Henry County, Kentucky (EEUU) en 1934. Foi profesor en diversas universidades e leva escritos máis de corenta libros de ficción, ensaio e poesía. Vive e traballa coa súa esposa, Tanya Berry, nunha granxa en Port Royal, Kentucky. O poema “To Know the Dark” forma parte do seu libro “Farming: a handbook” (1970):
To go in the dark with a light is to know the light.
To know the dark, go dark. Go without sight,
and find that the dark, too, blooms and sings,
and is traveled by dark feet and dark wings.