Imaxe de Cestomano vía Flickr (CC).
Imaxe de Cestomano vía Flickr (CC).

 

Imaxe de Byrce David via Flickr (CC)
Imaxe de Byrce David vía Flickr (CC).

5. O brillo do ceo de Los Angeles é visíbel dende un avión a 300 quilómetros

Os veciños de Los Angeles non poden ver estrelas dende hai anos. De feito moitos habitantes da cidade nin sequera saben como é o verdadeiro ceo nocturno. Cando en 1994 un terremoto botou abaixo o sistema eléctrico da cidade, moitos residentes chamaron preocupados aos servizos locais de emerxencia para avisar dunha estraña “nube xigantesca e prateada” no ceo escuro. O que estaban vendo -por primeira vez- era a Vía Láctea, apagada hai moito tempo pola contaminación luminosa.

 

 

 

Imaxe de Fraser Clarke.
Imaxe de Fraser Clarke.

4. A luz artificial pola noite afecta ao ciclo de estacións das árbores.

Até as plantas dependen do ciclo natural de día e noite. A luz artificial pola noite pode anular a resposta das plantas ao cambio de estación. Unha exposición prolongada á luz artificial evita que moitas árbores se adapten ás variacións estacionais. Notade como as follas desta árbore perderon as cores, agás aquelas directamente expostas á luz das rúas (arriba á dereita). Isto ten implicacións para a vida salvaxe que ten nas árbores o seu hábitat natural.

 

 

París fotografado dende a ISS.
París fotografado dende a ISS.

3. A contaminación luminosa contribúe sen necesidade ao cambio climático.

Nun ano medio nos Estados Unidos úsanse 120 terawatts-horas de enerxía para a iluminación exterior, a maioría para iluminar rúas e aparcadoiros. É enerxía abondo para colmar todas as necesidades de electricidade de Nova York durante dous anos. Infelizmente, máis do 50% desa luz non se aproveita. Iso representa 3300 millóns de dólares e a emisión de 21 millóns de toneladas de CO2 ao ano! Para compensar todo ese CO2, deberíamos plantar 875 millóns de árbores cada ano.

 

 

Imaxe de Kenneth Herdy, Fatal Light Awareness Program.
Imaxe de Kenneth Herdy, Fatal Light Awareness Program.

2. A contaminación luminosa mata millóns de paxaros cada ano.

A iluminación artificial pode alterar os procesos migratorios das aves facendo que saian demasiado cedo ou demasiado tarde na estación e perdendo así as condicións ideais para aniñar. As aves que navegan guiadas pola luz da Lúa e as estrelas poden por suposto desorientarse. Millóns delas morren cada ano ao chocar contra edificios iluminados innecesariamente. Cada ano o Fatal Light Awareness Program, Programa de Concienciación ante as Luces Letais (FLAP), expón estas vítimas da contaminación luminosa para incrementar a concienciación pública.

 

 

Blue_Screen-300x2001. A exposición á luz artificial pola noite pon a túa saúde en risco.

Os seres humanos evolucionaron co ritmo do ciclo natural de luz e escuridade do día e a noite. Debido á luz artificial, a maioría de nós xa non experimentamos nunca noites verdadeiramente escuras. Como a maior parte da vida na Terra, nós obedecemos a un ritmo circadiano -o noso reloxo biolóxico. A luz natural é un sinal importante que nos axuda a fixar o noso reloxo co período de rotación de 24 horas da Terra. A exposición á luz artificial pola noite altera este proceso e incrementa o noso risco de padecer cancros e outras enfermidades potencialmente mortais. Pola noite, a luz rica en compoñente azul é particularmente daniña. Infelizmente, a maioría dos LED que se empregan na iluminación exterior, en pantallas de ordenador, televisión e outros dispositivos electrónicos emite abundante luz azul.

Tradución do artigo 5 Appalling Facts about Light Pollution, publicado o 29 de xullo de 2016 no sitio web da IDA, International Dark-Sky Association. Versión en galego: Martin Pawley.