Días
Categories
Tags
Venues

Observación da Lúa no Castro de Elviña
Observación da Lúa co gallo da iniciativa internacional “On the Moon Again”. APRAZADO POR RAZÓNS METEOROLÓXICAS.

Cullerciencia 2025
Feira científica organizada polo CEIP Ría do Burgo.

Encontro cultural saharauí-galego
Co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, organizamos un encontro cultural saharauí-galego baixo o título “Sáhara Occidental: non des a esquecemento” en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Comunidade Saharauí en Galiza. Arredor do té, como é costume no Sáhara, iranse sucedendo as intervencións da astrofísica Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT e Proxecto Amanar), que falará da astronomía cultural saharauí, e de Suado Brahim Salem e Baba Mohamed Lamin Ali (Comunidade Saharauí en Galiza), que nos achegarán a cultura e o modo de vida do pobo saharauí.

Contacontos: O firmamento animado
Con motivo do solsticio de verán, celebramos un contacontos dirixido a público familiar e infantil, no que aprenderemos sobre o ceo nocturno a través de contos sobre constelacións que representan animais. Este contacontos está baseado no libro O firmamento animado, un material didáctico elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Casa das Ciencias, que nos transporta nunha viaxe máxica polo firmamento que vemos desde Galicia ao longo do ano.