Calendario

Amosar filtros

Días

Categories

Tags

Venues

Reset Filters
< 2024 >
Xullo
Xov Xul 0 4

Presentación "O firmamento animado"

Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita, A Coruña

Presentación do libro didáctico de astronomía “O firmamento animado”. O evento é de balde con inscrición previa e está dirixido a educadores/as e divulgadores/as de astronomía. Formulario de inscrición en liña: https://forms.gle/NUa64Pa3ReJ8K9V7A – Máis información en formacion@agrupacionio.com

Sáb Xul 0 6

Obradoiro de materiais de divulgación

Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita, A Coruña

Obradoiro arredor dos materiais de divulgación que produciu nos últimos anos a Agrupación Ío: os planisferios celestes, cuadrantes de navegación, os materiais impresos en 3D aptos para persoas con baixa visión etc. Actividade destinada a persoas socias da Agrupación Ío.

Lugar: antiga biblioteca e salón de actos da Casa das Ciencias (o edificio da fonte da bola, no Parque de Santa Margarida).

Data e hora: sábado 6 de xullo, 11:30.

Mar Xul 3 0

Proxección do documental “Refugio en las estrellas”

Domus
Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Proxección do documental “Refugio en las estrellas”, sobre a causa do pobo saharauí e as actividades de divulgación de astronomía desenvolvidas nos campos de refuxiados no marco do proxecto Amanar – GalileoMobile. Haberá presentación e coloquio coa participación de Jorge Rivero (ICE-CSIC) e Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT-CSIC). Entrada libre até completar capacidade.

Mér Xul 3 1

Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
R/ Santo André, 36 (edificio do Circo de Artesáns), 15003 A Coruña

Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”, que emprega o esplendor do ceo e a paisaxe para presentar o coñecemento astronómico cultural saharauí. Duración aproximada: 15 minutos. Prazas limitadas que se adxudicarán por orde. Inscrición obrigatoria a través de formulario que se abrirá o martes 30 de xullo. A cada persoa se lle indicará unha hora concreta para a experiencia.

Mér Xul 3 1

Sesión de planetario en directo sobre o ceo do Sáhara

Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita, A Coruña

Sesión de planetario en directo sobre o ceo do Sáhara. Entrada libre até completar capacidade.