Días
Categories
Tags
Venues

Presentación "O firmamento animado"
Presentación do libro didáctico de astronomía “O firmamento animado”. O evento é de balde con inscrición previa e está dirixido a educadores/as e divulgadores/as de astronomía. Formulario de inscrición en liña: https://forms.gle/NUa64Pa3ReJ8K9V7A – Máis información en formacion@agrupacionio.com
Obradoiro de materiais de divulgación
Obradoiro arredor dos materiais de divulgación que produciu nos últimos anos a Agrupación Ío: os planisferios celestes, cuadrantes de navegación, os materiais impresos en 3D aptos para persoas con baixa visión etc. Actividade destinada a persoas socias da Agrupación Ío.
Lugar: antiga biblioteca e salón de actos da Casa das Ciencias (o edificio da fonte da bola, no Parque de Santa Margarida).
Data e hora: sábado 6 de xullo, 11:30.

Proxección do documental “Refugio en las estrellas”
Proxección do documental “Refugio en las estrellas”, sobre a causa do pobo saharauí e as actividades de divulgación de astronomía desenvolvidas nos campos de refuxiados no marco do proxecto Amanar – GalileoMobile. Haberá presentación e coloquio coa participación de Jorge Rivero (ICE-CSIC) e Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT-CSIC). Entrada libre até completar capacidade.

Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”
Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”, que emprega o esplendor do ceo e a paisaxe para presentar o coñecemento astronómico cultural saharauí. Duración aproximada: 15 minutos. Prazas limitadas que se adxudicarán por orde. Inscrición obrigatoria a través de formulario que se abrirá o martes 30 de xullo. A cada persoa se lle indicará unha hora concreta para a experiencia.

Sesión de planetario en directo sobre o ceo do Sáhara
Sesión de planetario en directo sobre o ceo do Sáhara. Entrada libre até completar capacidade.