Días
Categories
Tags
Venues

V Encontro da Noite [1ª parte]
Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite. Máis información no enderezo web: https://agrupacionio.com/portfolio/v-encontro-da-noite-1a-parte/
Premios da Crítica de Galicia
Como entidade gañadora en 2023 na categoría “Iniciativas culturais e científicas”, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío foi convidada a formar parte do xurado desa mesma categoría en 2024. O representante da agrupación no xurado é o noso socio Martin Pawley. A votación da candidatura gañadora e a posterior gala de entrega de premios ten lugar no auditorio de Afundación en Vigo.
IX Xornada de Onomástica: os outros nomes
Na “IX Xornada de Onomástica: os outros nomes”, organizada pola Real Academia Galega, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está representada polo noso socio Martin Pawley, que impartirá unha palestra co título “Os nomes do ceo”, sobre o traballo de normalización en galego da terminoloxía astronómica. A xornada poderá seguirse en liña en directo a través desta ligazón.