Días
Categories
Tags
Venues

XI Noite Efervescente
Festa da ciencia inclusiva con observación pública do ceo, radio, dramatización sonora e petiscos organizada polo programa “Efervescencia” da Radio Galega, que conduce Manuel Vicente.

Cullerciencia 2023
Feira científica organizada polo club de ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.

Astronomía no Centro de Menores de Palavea
Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Charla sobre eclipses solares
Charla de Óscar Blanco e África Fernández, membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, na que nos contarán as súas experiencias observando eclipses totais de Sol (8 e 9, respectivamente) en diferentes países, entre eles Turquía, Namibia, Estados Unidos, Chile ou Australia.

Observación astronómica en San Cristovo de Mouricios, Chantada
Observación astronómica a simple vista e con prismáticos no marco dos encontros de astronomía e arte organizada pola Galería e Laboratorio Creativo Vilaseco. Máis información, aquí.

Obradoiro de planisferios no CIEMA
Obradoiro de planisferios cos mozos que asisten ás sesións do CIEMA, Centro de Intervención Educativa en Medio Abierto. Actividade non aberta ao público xeral.