Calendario

Amosar filtros

Días

Categories

Tags

Venues

Reset Filters
< 2023 >
Maio
Sáb Maio 0 6

Día da Ciencia na Rúa 2023

Parque de Santa Margarida
Parque de Santa Margarita, S/N, 15005 A Coruña

Romaría científica no Parque de Santa Margarida (A Coruña).

Sáb Maio 1 3

A Coruña viaxa a África co planetario da Casa das Ciencias

Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarita, A Coruña

Xornada de convivencia coa comunidade migrante africana de A Coruña que inclúe sesión de planetario e visita á Casa das Ciencias, en colaboración con EcoDesarrollo Gaia.

Lun Maio 1 5

Astronomía no Centro de Menores de Palavea

Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Mar Maio 1 6

Proxección do documental "Northern Nights, Starry Skies"

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
R/ Santo André, 36 (edificio do Circo de Artesáns), 15003 A Coruña

Presentación do IV Encontro da Noite e proxección do documental “Northern Nights, Starry Skies”, creado por Travis Novitsky, fotógrafo nativo americano, membro da nación Anishinaabe. O filme expón o impacto da contaminación luminosa sobre a saúde, o medio ambiente e o patrimonio cultural e pon en valor a importancia da preservación da noite.

Sáb Maio 2 0

IV Encontro da Noite

Domus
Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite. En breve, máis información.

Lun Maio 2 9

Astronomía no Centro de Menores de Palavea

Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.