Días
Categories
Tags
Venues

Festival Mar de Mares: navegar baixo as estrelas
Observación astronómica dende un barco polo mar da Coruña guiada polo noso compañeiro Xabier Pérez Couto. Máis información, no web do festival Mar de Mares.

Open Science Cambre 2022
Feira científica organizada polo club de ciencia do IES David Buján. Sábado 17 e domingo 18 de setembro no parque da igrexa de Santa María de Cambre.

Open Science Cambre 2022
Feira científica organizada polo club de ciencia do IES David Buján. Sábado 17 e domingo 18 de setembro no parque da igrexa de Santa María de Cambre.

Astronomía no Centro de Menores de Palavea
Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Obradoiro solidario de planisferios
Obradoiro solidario de planisferios en favor das familias afgás refuxiadas en Galicia. Martes 20 de setembro, de 17 a 20:00, no local da Revista Luzes (rúa Santa Luisa De Marillac nº 9 Baixo C, 15002 A Coruña).

Obradoiro e observación: “Ceos do Baixo Ulla”
Obradoiro de planisferios celestes e observación do ceo a simple vista e con prismáticos en Valga. Primeira edición dunha actividade anual, “Ceos do Baixo Ulla”, organizada pola Asociación Cultural Os Penoucos e obaixoulla.gal.

Sobrado e as súas estrelas: xornada de astronomía en familia
Festa de astronomía en apoio ás familias refuxiadas afgás acollidas pola asociación A Maristela en Sobrado dos Monxes.