Días
Categories
Tags
Venues

Astronomía no Centro de Menores de Palavea
Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Conferencia de Andrea Rodríguez Antón
Conferencia de Andrea Rodríguez Antón, doutora en astrofísica e investigadora do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) de Santiago de Compostela, co título «Miradas diversas ao ceo desde a astronomía cultural».

Festival de inverno en solidariedade coas familias refuxiadas afgás
Xornada de actividades no Circo de Artesáns (rúa de Santo André 36, A Coruña) en solidariedade coas familias afgás acollidas en Sobrado dos Monxes pola asociación de mulleres rurais A Maristela. Podes ler máis información sobre o seu caso aquí.

Charla de José Ramón Méndez: "Historia da astronomía: do telescopio ao Big - Bang"
Charla do compañeiro José Ramón Méndez repasando a “Historia da astronomía: do telescopio ao Big – Bang” no local social do Grupo Naturalista Hábitat.

Charla de Paula Neira: "Astronomía en Hogwarts"
IMPORTANTE!! ACTIVIDADE CANCELADA POR ALERTA DE TEMPORAL E PECHE DO PARQUE DE SANTA MARGARIDA. PROXIMAMENTE COMUNICAREMOS A NOVA DATA.
Charla da compañeira Paula Neira revisando a “Astronomía en Hogwarts” no Centro Cívico de Santa Margarida (zona auditorio).

Astronomía no Centro de Menores de Palavea
Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

Obradoiro de planisferios e observación astronómica na Casa de Rosalía

Obradoiro con Carmen Denébola: "xogos de astronomía"
Obradoiro de xogos de mesa con temática astronómica dirixido pola nosa compañeira Carmen Denébola (M62) no TEU Ribeira Sacra 15, en Novo Mesoiro.

Charla de Martin Pawley: "A contaminación luminosa contada a través do cinema"
Conferencia do noso socio Martin Pawley sobre os diferentes aspectos e efectos da contaminación luminosa tomando como referencia diferentes películas da historia do cinema. Lugar: planetario da Casa das Ciencias.

Obradoiro de planisferios na biblioteca da Casa Consulado
Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. O obradoiro é gratuíto mais require inscrición previa. As prazas son limitadas. Actividade aberta a persoas maiores de 10 anos.

Cea solsticio de inverno
Cea polo solsticio de inverno para socios e socias da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Máis información no sitio privado (moodle).