Calendario

Amosar filtros

Días

Categories

Tags

Venues

Reset Filters
< 2021 >
Agosto
Xov Ago 0 5

Conferencia de Olga Suárez: "O universo da man das pioneiras da astronomía"

Domus
Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Conferencia de Olga Suárez, astrofísica do Observatorio da Costa Azul (Francia).

Resumo: Se pensamos nos grandes personaxes que contribuíron a construír os nosos coñecementos do Universo, véñennos rapidamente á cabeza nomes de grandes homes… Mais houbo grandes mulleres? Somos capaces de citar algunha? Por que é tan difícil atopar estes nomes femininos? Durante esta charla revisaremos diversos aspectos dos nosos coñecementos actuais do Universo, apoiándonos nos descubrimentos feitos polas mulleres ao longo da historia.

Xov Ago 1 9

Conferencia de Begoña Vila: «O Telescopio Espacial James Webb: mirando cara a atrás no tempo»

Domus
Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Conferencia de Begoña Vila Costas, enxeñeira principal de sistemas do Centro Espacial Goddard da NASA.

Sáb Ago 2 1

Conferencia sobre contaminación luminosa

Confraría de pescadores de Corme
Zona Portuaria, s/n, 15114 Corme, A Coruña

Conferencia de Martin Pawley, coordinador do grupo de traballo de contaminación luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Salón de actos da Confraría de pescadores de Corme, ás 20:00.

Dom Ago 2 9

Observación do Sol no Castro de Elviña

Observación do Sol con telescopio solar no Monte dos Curutos (Castro de Elviña). Precisa inscrición previa a través do correo electrónico srctemponovo@gmail.com. Organizan: Sociedad Recreativa Deportiva e Cultural Tempo Novo e Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.