Proxección do documental “Refugio en las estrellas”, sobre a causa do pobo saharauí e as actividades de divulgación de astronomía desenvolvidas nos campos de refuxiados no marco do proxecto Amanar – GalileoMobile. Haberá presentación e coloquio coa participación de Jorge Rivero (ICE-CSIC) e Andrea Rodríguez Antón (INCIPIT-CSIC). Entrada libre até completar capacidade.
Experiencia de realidade virtual “Estrelas do deserto”, que emprega o esplendor do ceo e a paisaxe para presentar o coñecemento astronómico cultural saharauí. Duración aproximada: 15 minutos. Prazas limitadas que se adxudicarán por orde. Inscrición obrigatoria a través de formulario que se abrirá o martes 30 de xullo. A cada persoa se lle indicará unha hora concreta para a experiencia.
Sesión de planetario en directo sobre o ceo do Sáhara. Entrada libre até completar capacidade.