Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Xuño 2017 #2
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Italia
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Madagascar
3) Todo listo para a eclipse total de agosto!
4) Viveiros de galaxias – Introdución ao proxecto 100º de Zooniverse
5) Temas nun minuto do Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ)
6) Buscas un novo pasatempo? Unha colección de selos astronómicos pode pagar a pena
7) “Arqueoastronomía Maia: Observadores do Universo”, espectáculo planetario gratuíto
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
0) Nota dos editores
O Día do Asteroide xa case está aquí! Non perdas a oportunidade de espertar conciencia do perigo do impacto de asteroides uníndote aos varios tipos de actividades propostas. A medida que se achega o longamente agardado eclipse total de agosto, recibimos máis e máis noticias das numerosas actividades que se acumulan. A revista Sky and Telescope está sendo moi activa como promotora de moitas actividades arredor da eclipse.
Neste número destacamos o novo planetario de México enfocado á arqueoastronomía maia, Zooniverse e o lanzamento do seu proxecto número cen, e o obradoiro Stixcamp, que terá como tema “Educación Aberta e Ciencia Aberta a través da Ciencia Cidadá”.
Neste boletín a miúdo gústanos dar as grazas aos nosos colaboradores de todo o mundo e expresar gratitude polo seu esforzo para axudarnos a difundir actividades de divulgación en todo o mundo, inspirando a outros a unirse a elas e implementar algunhas das mellores prácticas que hai por aí adiante. Hoxe queremos dar a benvida a nove novos Contactos de divulgación nacional (NOCs) que compartirán asombrosas noticias de educación e divulgación dos seus países.
Feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Italia
a) Celebrando 50 anos de astronomía amadora en Bolonia
Para celebrar o seu 50º aniversario, un dos maiores clubs amadores de astronomía de Italia, a Associazione Astrofili Bolognesi (AAB) está preparando varias accións de divulgación que terán lugar ao longo do ano. Estas actividades inclúen unha exposición de fotografías históricas e actuais de obxectos astronómicos, dende as primeiras imaxes obtidas co telescopio de múltiples espellos polo astrónomo italiano Guido Horn d’Arturo, fundador do club, ás últimas imaxes planetarias tomadas con webcam. Cada fin de semana haberá actividades prácticas para nenos e charlas de astrónomos profesionais e amadores. Máis información: http://www.associazioneastrofilibolognesi.it/cinquantesimo/
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Madagascar
a) Celebrando o Día do Asteroide
O 30 de xuño celebra o Día do Asteroide en Madagascar o grupo Haikintana (que significa “astronomía” en malgache), un colectivo que xunta a afeccionados e estudantes graduados de áreas científicas. Diversas actividades están programadas para ese día: exposicións e accións educativas, AstroQuiz, un seminario sobre asteroides, a proxección do filme 51 Graos Norte e unha observación do ceo. A xornada busca atraer unha variada audiencia, dende os máis pequenos aos adultos, con actividades deseñadas para espertar conciencia da ameaza que representan os asteroides próximos á Terra. Esta xornada é unha colaboración con AMPS, ASTRO (un observatorio privado), HABAKA, ORTANA, Agmm e MASS (Astronomía e Ciencias do Espazo de Madagascar).
Para saber máis, contacta con haikintina[at]gmail.com ou comproba as últimas actualizacións en Facebook: https://web.facebook.com/haikintanaastronomie e https://web.facebook.com/DagoAstronomy.
3) Todo listo para a eclipse total de agosto!
A eclipse total de Sol do 21 de agosto está case aquí e vai medrando a expectación polo estudo do Sol. Os proxectos de ciencia cidadá ou os experimentos “fainos ti mesmo” están converténdose nun xeito popular e único de ligarse ao fenómeno que será visíbel de costa a costa en Norteamérica.
a) Proxecto “Eclipse Ballooning” (Eclipse en globo)
En vez de ver o espectáculo dende o chan, os membros do proxecto “Eclipse Ballooning” mandarán equipamento á estratosfera para obter unha visión única. Cincuenta e sete equipos de bacharelato e universidade lanzarán 65 globos non pilotados para gravar e emitir vídeo en directo da eclipse. NASA retransmitirá a información directamente no seu sitio web, nasa.gov, e en NASA TV. Descubre máis no sitio web do proxecto: http://streameclipse.live.
b) Relatividade “Faino-Ti-Mesmo”
Esta eclipse fornece unha oportunidade única de revivir a historia. Cando Albert Einstein desenvolveu a teoría da relatividade xeral en 1915, propuxo ademais un xeito de comprobala. Este proxecto ofrece un achegamento “Faino-Ti-Mesmo” e lanza o desafío “Por que non intentas seguir os pasos de Eddington e o fas ti mesmo?”. Segue as instrucións aquí.
4) Viveiros de galaxias – Introdución ao proxecto 100º de Zooniverse
Zooniverse acadou un fito incríbel: Viveiros de Galaxias é o seu centésimo proxecto oficial. Este proxecto lanzado por investigadores da Universidade de Minnesota precisa a axuda da xente para atopar galaxias bebé no universo co obxectivo de comprender como se forman e desenvolven as galaxias ao longo do tempo. Galaxy Zoo (Zoo de Galaxias) -lanzado hai case dez anos- foi o primeiro proxecto Zooniverse e tamén se enfoca á responder preguntas sobre a formación e evolución das galaxias.
Podes saber máis sobre Zooniverse e Viveiros de Galaxias nesta ligazón: www.zooniverse.org/projects/hughdickinson/galaxy-nurseries.
5) Temas nun minuto do Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ)
“Temas nun minuto” do NAOJ é un sitio web que contén vídeos fáciles de entender e un minuto de duración sobre as diversas actividades de investigación que se desenvolveron nas instalacións do NAOJ até 2015, e resumes das liñas básicas e os resultados do NAOJ. Entre os contidos están algúns dos proxectos principais do NAOJ como Hinode, SOLAR-C, Telescopio Subaru, ALMA, VERA -e a ciencia que hai detrás deles. Cada proxecto está presentado por Naojay, a amigábel mascota que vos guiará por cada asunto.
Máis información, aquí: http://www.nao.ac.jp/study/1min-naoj-topics/en/.
6) Buscas un novo pasatempo? Unha colección de selos astronómicos pode pagar a pena
Con selos cuxas imaxes amosan dende constelacións a famosos astrónomos, e de telescopios a obxectos celestes, as coleccións de selos son populares en moitos países. Calquera persoa interesada en coleccionar selos pode atopar selos astronómicos para todos os gustos. Aínda non te convencemos? Bótalle un ollo a algúns grandes exemplos en todo o mundo. As nosas referencias inclúen exemplos do Xapón, os EEUU, o Reino Unido e Francia (e moito máis)!
Es coleccionista? Botas en falta boas referencias do catálogo de selos do teu país? Estamos seguros de que hai multitude de grandes exemplos aí fóra. Contáctanos; estaremos encantados de ter noticias.
7) “Arqueoastronomía Maia: Observadores do Universo”, espectáculo planetario gratuíto
O primeiro espectáculo “fulldome” totalmente animado feito en México: “Arqueoastronomía Maia: Observadores do Universo” narra a relación dos sitios arqueolóxicos maias con algúns obxectos celestes como Venus, o Sol e a Lúa. Co obxectivo de acadar un maior impacto, esta produción fulldome está narrada en catro linguaxes, inglés, español, portugués e chinés, e ten distribución gratuíta. Podes descargar todos os materiais aquí http://www.eso.org/public/usa/videos/MAA-show/ e recibir todas as novidades a través da páxina de Facebook https://www.facebook.com/ArqueoastronomiaMaya.
Podes ver o tráiler neste enderezo: http://www.eso.org/public/usa/videos/MAA-show-trailer_en/?lang
8) StixCamp – Educación Aberta e Ciencia Aberta a través da Ciencia Cidadá
StixCamp é un obradoiro informal para debater sobre estándares abertos en Ciencia, Educación, Tecnoloxía e Cultura para o Desenvolvemento. Seguindo o estilo das “desconferencias”, StixCamp explora asuntos como o deseño aberto e os datos abertos, a educación aberta e a colaboración aberta. O segundo obradoiro StixCamp, do 6 ao 9 de xullo en Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal, estará dedicado aos asuntos da Eduación Aberta e Ciencia Aberta a través da Ciencia Cidadá. O primeiro Centro de Ciencia Aberta arranca o 9 de xullo en Barca D’Alva e Figueira acollerá unha serie de actividades culturais.
Podes atopar o programa provisional aquí: www.open.org.pt.
9) Encontros e actividades globais en 2017
Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!
Engadidos hai pouco
East Asian Young Astronomers 2017 (EAYAM2017)
Data: do 13 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Ishigaki, Okinawa, Xapón
Máis información: http://www-irc.mtk.nao.ac.jp/eayam/2017/index.html
StixCamp – Educación Aberta e Ciencia Aberta a través da Ciencia Cidadá
Data: do 6 ao 9 de xullo de 2017
Lugar: Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal
Máis información: http://www.open.org.pt/
Data importante
Coloquio ITCA – Astronomía para Educación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas)
Data límita para inscribirse: 10 de xullo de 2017
Datas: do 7 ao 11 de agosto de 2017
Lugar: Bangkok, Tailandia
Próximas actividades
a) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp
b) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/
c) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/
d) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/
e) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/
f) StixCamp – Educación Aberta e Ciencia Aberta a través da Ciencia Cidadá
Data: do 6 ao 9 de xullo de 2017
Lugar: Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal
Máis información: http://www.open.org.pt/
g) Big data en astronomía: unha ferramenta potencial de innovación social
Data: 7-11 de agosto de 2017
Lugar: Flic en Flac, Illa Mauricio
Máis información: https://sites.google.com/ska.ac.za/barista/home?authuser=0
h) Coloquio ITCA – Astronomía para Educación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Matemáticas)
Datas: do 7 ao 11 de agosto de 2017
Lugar: Bangkok, Tailandia
i) Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017
Datas: do 15 ao 21 de agosto de 2017
Lugar: Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US
Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2017/
l) Escola de verán de comunicación da ciencia Euro-Mediterráneo e Oriente Medio (EMME)
Data: do 10 ao 15 de setembro de 2017
Lugar: Nápoles, Italia
Máis información: http://www.cittadellascienza.it/emme2017/
m) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/
n) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/
ñ) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
Data: do 27 ao 29 de setembro de 2017
Lugar: Leiden, Países Baixos
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/
o) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/
p) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
q) .Astronomy
Data: do 14 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Cidade do Cabo, Sudáfrica
Máis información: http://dotastronomy9.saao.ac.za/
r) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
s) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18
t) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao español, elaboradas por:
Sofía Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmoloxía e Gravitación, Universidade de Portsmouth: http://bit.ly/2rIqVGe;
Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;
ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
–Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.